O venres 29 de xaneiro xuntámonos tod@s para conmemorar o Día da Paz. Este ano eliximos a fermosa canción Una sola voz do grupo MACACO. Aprendimos a letra e inventamos unha coreografía para acompañala.
Ademais, traballamos uns poemas que están recollidos no libro Trobapaz; mellor dito, Trovapaz, Baketropa, Trobapau . . . pois recolle poesías en castelán, galego, euskera, catalán, árabe, chino e inglés.
En 5º eliximos o poema How many times must a man look up before he can see the sky? de Antonio García Teijeiro, inspirado na canción Blowin´ in the wind de Bob Dylan.
En 6º gustounos especialmente Cambio de Ana Mª Romero Yebra, da que tamén fixemos unha presentación dixital que subimos na entrada anterior.
Foi moi bonito aprender os versos en galego, castelán, catalán, euskera, árabe e inglés.
Para o árabe, axudounos o noso compañeiro Youssef; para o éuscaro, contamos co audio que gravou Laura, que vive en Vitoria e é curmá da nosa compañeira Elia; para o catalán, escoitamos a gravación que nos fixo Loluca, que vive en La Garriga, preto de Barcelona e é amiga de Rafa, o director do colexio; e para o inglés, botounos unha man a teacher Mª Carmen.
Se queredes ver o resultado, premede na foto e atoparedes cumprida información no blogue da nosa Biblio.
Esperamos que vos guste!
Ningún comentario:
Publicar un comentario