18/02/16

O GATO CON BOTAS

     Nenos e nenas da clase de OS GATOS de Infantil escribiron unha agarimosa carta ao alumnado de 6º que exerce labores de voluntariado na Biblioteca do colexio. Na carta solicitaban, con moita educación, se lles podían ler o clásico "O GATO CON BOTAS". @s nos@s chic@s de 6º non dubidaron e agasalláronos cun contacontos espectacular, facendo as ledicias d@s pequerrech@s de 3 e 5 anos, que non perderon detalle.
CHIC@S DE 6º: MOITÍSIMAS GRAZAS POLA VOSA XENEROSIDADE!

(Preme na imaxe)


Ningún comentario:

Publicar un comentario

VISITAS