E por fin chegou o día!!
O luns 30 de maio estiveron
connosco no cole Iván Capón e Daniel Moreiras, integrantes da produtora galega
"Páramo Pictures" para recoller o PREMIO MIMI, que este ano celebrou
a súa VIII edición.
Con tal motivo, nós, o alumnado
de 5º de Primaria, tivemos a oportunidade de facerlles unha pequena entrevista.
- Como vos
coñecestes? (Daniela). Por casualidade,
no campo dunha festa, contesta
Daniel. Eu era cantante
e Iván, guitarrista.
- Que fixo que vos
gustase o mundo da canción? (Rubén).
Queres dicir a que anos empezamos a facer algo coa música?, pregunta Iván. Pois direiche que aos 12 anos, cando
estaba en 6º de E.G.B. Pois nesta gáñoche eu, engade
Daniel. Eu empecei aos 6
anos. Fun a solfexo e piano e despois, con 7 anos, deixei piano para cantar nun
coro.
- Esta pregunta é
para Daniel. Se non foses cantante, que che gustaría ser? Estou seguro que actor. (Ou gandeiro, engadiu a profe Claudia, porque
lle dá moito xeito). E ti Iván, como sendo mestre chegas ao mundo da
interpretación e da produción? (Iago).
Pois eu disfrazándome (risas), porque así, no primeiro mes, non me
coñece ninguén.
- De quen foi a idea
de fundar Páramo Pictures? (Ismael). A
idea de Páramo Pictures xa viña de antes, xa estaba desde hai moito tempo.
Cando fixemos o primeiro vídeo, puxémoslle a marca, porque a muller de Ramón
(papel que fai María Portero nos vídeos) é do concello do Páramo. Iván foi quen
creou a canle en YouTube e é quen se encarga da produción dos vídeos.
- A primeira canción
coñecida vosa foi o “Vou estalar”, pero foi realmente a primeira canción vosa
ou houbo algunha anterior? (Damián). Si.
Foi realmente a primeira.
- Como foron os
inicios de Páramo Pictures? (Sarai). Moi
de andar pola casa, moi relaxados. E aínda que agora xa a produtora é máis
importante, non nos queremos profesionalizar moito, porque perderiamos a
esencia.
- Como foi a vosa
experiencia no primeiro vídeo? (Noa). Foi
moi boa. Quizais por iso seguimos aí.
- Sabemos que a
convocatoria para pedir xente que participe nos vosos vídeos facédela a través
das redes sociais, pero nos vosos vídeos tamén aparece maquinaria agrícola. De
onde a sacades? (Ángel).
Todas, da miña casa, contesta
Daniel. Bueno non, algunhas "bertolinas"
eran do Páramo, pero a "Internacional" non, era miña.
- Como se vos ocorren
todas as cancións que interpretades? É
porque Dani dorme pouco, contesta
Iván. Abúrrese, ponse a xogar
coa maquiniña e ... Entón engade Dani: Ocórrenseme pois, ..., pensando. As
cancións ocórrenseme porque non teño outra cousa que facer, é dicir, é un modo
de entretemento. Quen escribe as letras? (Alba). As
letras, algunhas eu (Daniel),outras,
entre todos, incluída María, que hoxe non veu porque está embarazada, pero
podedes darlle a noraboa a Iván porque el é o pai da criatura. (POIS A NOSA
MÁIS SINCEIRA NORABOA!!!)
- Por que cantades en
galego? (Fran). Porque é natural, porque é o noso. O raro é que non
fose así. Algún día gustaríanos que non nos fixesen esa pregunta...
- Sabemos que a vosa
canción da “Bertolina” ten máis de 1.800.000 visitas en YouTube. Que supón iso
para vós? (Naiara). É moi gratificante. Iso tradúcese en sorrisos, en
ledicia, en algo agradable. Gústanos que a xente o pase ben.
- Coincidindo coa
proclamación como gañadores do VIII Premio MIMI, vós sacastes o voso último
vídeo “Préndeme o boi”. Como escolledes a canción que ides versionar? (Daniel). A canción escóllea a publicidade, porque o
mercado da música está moi influenciado polas empresas de publicidade, que nos
venden o que temos que escoitar. Un tamén pode escoller o que escoita. Os
gustos están aí. Nós, antes de que saíra o videoclip oficial, fixemos a nosa canción
e tivo tirón.
- Discutides cando
facedes as vosas cancións? (Celia). (Contesta Iván). Eu creo
que con este home nunca discutín. Eu, discutir, non sei. Para discutir fan
falla dous...
- Das
cancións/versións que fixestes, cal vos gustou máis? (Marcos). A mellor canción é "O fertimón", sen
dúbida.
- Que canción nos
adicariades? (Diego).
Pois, a última, quizais. "Préndeme o boi"
- Que é o que máis
vos gusta de todo este mundo da música ou de ser famosos? E o que menos? (Gabriel). Cando vou con este pola rúa (contesta Iván), ás veces
párannos. Se vou eu so, non.
- As vosas producións
subídelas a YouTube, pero non recibides nada a cambio aínda que sexades unha
produtora coa canción galega máis vista en YouTube. Que tal van as visitas
a YouTube do voso último vídeo? (Javi). A
verdade é que moi ben. Non levamos nin un mes e xa imos polas 431.000 visitas.
- Cales son os vosos
próximos proxectos? Planeades facer outro vídeo? (Álvaro). Os proxectos saen dun día para outro. Chamámonos
e, en 3 ou 4 días, está feito. Sóenos levar o día da gravación e outros dous
máis.
- Recibíchedes outros
premios? Cal foi o máis importante? (Aarón). Premios nada, cero. A xente dinos, por favor, vide
aquí, pero, o que é dar, aínda nunca nos deran nada. Así que, sen dúbida, o premio
máis importante é este, o Premio MIMI.
Que vos parece?
A verdade é que é
estupendo e nós quedamos encantados!!
Cando rematou a entrevista,
escribiron unha dedicatoria no libro de visitas da nosa biblioteca e fixémonos
con eles unha foto que compartimos con todos vós.
QUE BEN O
PASAMOS!! FOI UN DÍA MOI ESPECIAL!!
MOITÍSIMAS GRAZAS!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario