Estes días estivemos traballando nas aulas de 5º e 6º o tema da violencia en xeral e da violencia contra as nenas, as chicas e as mulleres en particular.
Reflexionamos e puxemos por escrito as nosas conclusións, desexos e declaracións de intencións que iamos compartir con todas as persoas que acudiran á concentración do 25N no patio de Infantil do colexio e que son as seguintes:
- Solucionemos as cousas falando.
- Respectemos por igual a nenos e nenas, chicos e chicas, homes e mulleres.
- Cando maltratas a unha nena, chica ou muller deixas de ser home.
- Se non che gusta ser maltratado, non maltrates a ninguén. E, se te maltratan, denuncia para que non volva ocorrer.
- Se atopas alguén a quen amar, por que maltratar?
- Amar de verdade é ben tratar.
- Vence o teu medo: Non cales o teu sufrimento.
- A educación é a vacina contra a violencia.
- Trata ás demais persoas como queiras ser tratado. O respecto é a base para unha boa vida.
- Se che pos nervioso, cala. Cando esteas tranquilo, fala e busca unha solución pacífica e razoable.
- Nada bo vén xamais da violencia.
- Non importan as diferenzas; todos e todas temos os mesmos dereitos, soamente hai que respectalos.
- Para todas as nenas, chicas e mulleres maltratadas eu lles digo: Non vos caledes ! Hai silencios que matan.
- Non por ser neno ti es máis ca unha nena.
- Non importa o aspecto da xente por dentro nin por fóra. Sé ti mesmo, sé ti mesma e aprende a dicir que non.
- Abrazar non fai dano a ninguén.
- A violencia no colexio, na familia, no traballo e no mundo é a arma dos covardes. Eu opto por ser valente, e ti ?
- Unha persoa é libre sempre de elixir. Vive e deixa vivir.
- Non sufras inutilmente por amor. O amor é dador de vida, xamais a quita.
- Falar as cousas é ir polo bo camiño.
- Por favor, non pegues. Fala ! ! !
- A violencia non soluciona os problemas. A violencia xera máis violencia e, polo tanto, máis problemas.
- O meu desexo é que un día non teñamos que concentrarmos neste día. Será o sinal de que a violencia contra as mulleres haberá desaparecido.
E, coas nosas propias mans, decoramos unhas pancartas reivindicativas que iamos portar na concentración:
EN BARRO, Á VIOLENCIA DE XÉNERO DICÍMOSLLE : STOP
Ningún comentario:
Publicar un comentario