Hoxe, todo o alumnado do noso colexio levou para as súas casas unha nova carta de MIMI dirixida ás familias e aberta a toda a comunidade educativa e veciñanza de Barro para invitarvos a unha concentración con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Terá lugar mañá, 25 de novembro, no patio de Infantil do Colexio ás 12:15 h.
Convoca: Concello de Barro e CEIP Amor Ruibal.
Animámosvos a participar nela, no convencemento de que precisamos da implicación do maior número de persoas para educar no respecto e na igualdade.
Pódese vivir de moitas maneiras,
pero hai maneiras que non deixan vivir.
Máis información no blog da Biblioteca:
A min gustariame que para o ano que non aia mai días de violencia de xenero
ResponderEliminar