19/12/16

EXPOSICIÓN DE PINTURA

     A semana pasada @s alumn@s de 5º e 6º tivemos a oportunidade de visitar no Concello unha Exposición de Pintura de artistas galeg@s ou que viven en Galicia dende hai anos.

     Como eran autor@s descoñecid@s para tod@s nós, decidimos investigar antes sobre a súa vida e obra. E aprendemos moitas cousas. Algunhas delas sorprendentes como, por exemplo, que o viño de Barrantes tamén serve para pintar. Esta técnica, chamada "enopintura", foi ideada no ano 2008 por ABEL BARANDELA (Ourense, 1972), pintor autodidacta afincado no Salnés. Claro que as tinturas do viño van tratadas con acrílico para que non desaparezan co tempo.
     Deste pintor vimos na exposición un cadro dun ciclista que nos encantou pola sensación de movemento que transmitía.


     Noutros cadros vimos paisaxes, figuras, retratos, flores, obxectos . . . nunha gran variedade de estilos, técnicas e formatos. Uns máis concretos e outros máis abstractos nos que xogabamos a interpretar os trazos pintados segundo o título que tiñan.




     Chamounos moito a atención as cores utilizadas, cun predominio das cores vivas e luminosas sobre tonalidades máis apagadas. Uns cadros transmitían ledicia; outros, sorpresa; outros, asombro e admiración polo detalle de cada pincelada, pola súa orixinalidade ou pola súa perfección. Noutros, como no cadro de EULOGIO SOLVEIRA no que apreciamos un gato (ou gata) enredad@ nunhas pernas femininas, o contraste de texturas (liso / granulado) e de cores (blanco / rosa sobre fondo negro) dáballe un efecto que atrapaba poderosamente as nosas miradas.


     Cadros todos moi fermosos como (por citar tan só algúns) os seguintes:
  • SERGIO RIBEIRO: Dende Cedeira (óleo).
  • REBECA ROMÁN: As tesoiras (acrílico) e A vespa (pastel).
  • JOSÉ LUIS MIRANDA: Camelia (collage).
  • LUZ LAYA: Praia Compostela, Ovnis III (acrílicos).
  • MARTINA BUGALLO: Presedo (óleo).
  • MANUEL BOULLOSA: Hórreo da rectoral de Bértola e Hórreo da rectoral de Vilaboa (debuxos).
  • MARINA COCÓS: Dúas mozas feiticeiras (acrílico).
  • VÍCTOR CORCOBA: A Lanzada e No peirao.
     Na exposición sorprendeunos atopar unha serie de esculturas de artrópodos xigantes como un cempés, unha tarántula, un saltón, unha mantis relixiosa ou un escorpión, obra de BERNARDO SEOANE. Estaban elaboradas con pezas de metal a gran escala. Impresionounos !



     UNHA GOZADA DE EXPOSICIÓN ! ! !




       
  PARABÉNS e MOITAS GRAZAS ! ! !


1 comentario:

  1. Olá . Chámome Sergio Ribeiro comisario da exposición e artista participante tamén. Quero agradecervos a vosa visita que espero fora didactica. Que saibades que detras de cada obra hai anos de traballo e sacrificio por parte dos diferentes autores. A vida de artista e fermosa pero coma en todalas profesións requiren de traballo e constancia. Darvos a grazas a todos vos de parte dos artistas e si algún queredes que fagamos una xornada de pintura no cole que podedes contar conmigo. O amor pola arte e moi importante na vida. Parabens e ata pronto

    ResponderEliminar

VISITAS