O composteiro comunitario de Barro está situado en San Antoniño, ao lado do Centro de Saúde e moi preto do noso colexio. Serve para botar nel os restos orgánicos que xeramos nas casas ou nos xardíns e obter compost, que é o mellor abono natural que podemos ter.
Como @s compañeir@s de 6º foron alí dúas veces e viñeron encantados co tema nós, @s alumn@s de 5º, tiñamos moitas ganas de visitalo. Así que o xoves 15 de decembro, guiad@s polas mestras Susana e Claudia, atravesamos a Praza do Viño (onde reparamos na escultura en pedra dun barril coa inscrición "Viño de Barro 1994") e, en menos que canta un galo, chegamos ao noso destino.
Quique, o mestre composteiro de Barro, agardaba por nós para explicarmos algunhas cousiñas sobre o proceso da compostaxe. E tomamos boa nota de todo o que dixo.
Fixámonos que no recinto hai outros contedores. Así é ben fácil colaborar na recollida selectiva de lixo:
- Amarelo: Para plásticos e latas.
- Azul: Para papel e cartón.
- Verde claro (máis pequeno): Para aceite usado.
- Verde escuro: Para outros restos (non orgánicos).
Preciosas todas elas ! Cando medren e florezan ha de estar todo ben bonitiño !
Antes de despedirmos de Quique, fixémonos unha foto con el.
PASÁMOLO XENIAL ! ! !
MOITÍSIMAS GRAZAS, QUIQUE, E ATA A PRÓXIMA ! ! !
Ningún comentario:
Publicar un comentario