Iniciando o segundo trimestre arrancamos,
os nenos e nenas de 5º, presentando ós/ás compañeiros/as do centro a nosa
campaña solidaria de recollida de tapóns para axudar a Nahir, unha nena de Pontevedra, de 5 anos, que padece unha
parálise cerebral.
O noso centro é un dos puntos de recollida
de tapóns do concello de Barro, e para afrontar tal tarefa comezamos cos
preparativos xa no primeiro trimestre: elaboración do logo e slogan da campaña,
elaboración de folletos informativos, cartel da campaña . . .
O martes 24 de xaneiro comezamos a
exposición ao alumnado de primaria da presentación desta aventura, que levamos a cabo coa
colaboración da Fundación Amigos de Galicia e a Asociación Amigos da Terra, que
nos proporcionan información sobre o tema e median na recollida dos tapóns.
As exposicións foron acollidas con entusiasmo entre os/as compañeiros/as dos distintos niveis e suscitaron moitas preguntas sobre a
recollida e os tipos de plásticos válidos.
Esperamos que colaboredes con moitos
tapóns para axudar a Nahir a pagar o seu tratamento médico e rehabilitación, xa
que é moi custoso de asumir para a súa familia.
A campaña está tendo unha resposta cidadá impresionante como podedes ler na nova que saíu publicada o pasado sábado, 28 de xaneiro, no Diario de Pontevedra:
A campaña está tendo unha resposta cidadá impresionante como podedes ler na nova que saíu publicada o pasado sábado, 28 de xaneiro, no Diario de Pontevedra:
Deixamos unha fotos da presentación, que foi
na Biblioteca do cole, ao longo de tres sesións con diferentes niveis.
Se premedes no seguinte enlace podedes acceder ao folleto que repartimos a todo o alumnado do colexio para ter ben informadas ás familias sobre o proxecto:
MOITÍSIMAS GRAZAS polo voso interese e, sobre todo, pola vosa colaboración ! ! !
Ningún comentario:
Publicar un comentario