O día 27 de febreiro con Julia Búa Núñez, técnica en prevención de drogodependencias e coa cofinanciación da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, fixemos actividades sobre a prevención de malos hábitos como son as drogas: tabaco e alcol.
Vimos un vídeo sobre o malo que é fumar e que pode provocar enfermidades, como o cancro de pulmón.
O día 28 de febreiro, para rematar o obradoiro, fomos ao comedor e falamos sobre o alcol.
Falamos sobre as bebidas malas e boas para o corpo. Logo fixemos
cócteles sen alcol e invitamos ao alcalde e ao director a probar os
nosos cócteles. Un pracer Julia!!!
Alumnado de 6º.
06/03/18
MELLOR PREVIR QUE CURAR
Etiquetas:
ACTIVIDADES,
ALCOL.,
ALIMENTACIÓN,
ALUMN@S,
BARRRO,
CIENCIAS NATURAIS,
COLABORACIÓNS,
CORPO HUMANO,
LINGUA GALEGA,
NUTRICIÓN,
OBRADOIROS,
PREVENCIÓN DROGODEPENDENCIAS,
PROXECTOS
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario