O luns 12 de marzo, os
alumnos e alumnas de 5º e 6º, asistimos á biblioteca do colexio
para escoitar unha interesante charla sobre a violencia de xénero.
Alí agardaban Josefa Vázquez e David Santos. Josefa é especialista en casos de
violencia de xénero e David fai controis nas estradas.
Dixéronnos que a
violencia de xénero do home contra a muller denomínase
violencia de xénero. A violencia doméstica é aquela que ocorre no ámbito familiar.
Os danos do home contra a muller primeiro comezan con intimidacións, psicolóxicos e por último
físicos.
O maltratador acostuma
ser celoso, inseguro e coa autoestima baixa, ao igual que a vítima,
á que fai sentir culpable de que a maltrate.
A vítima pensa que o
maltratador o fai “por amor”, hai veces que o admira e non
entende por que a maltrata, e cando a vítima denuncia, sente
culpabilidade e medo de recordar os feitos. Tamén pode sentir medo
de que o maltratador queira vinganza, pero para que iso non pase, a
vítima pode poñer unha orde de alonxamento, ou pódeselle poñer
unha pulseira GPS.
Para poñer denuncias de violencia de xénero, chama ao 016.
Para poñer denuncias de violencia de xénero, chama ao 016.
Paremos a violencia de
xénero!
Ningún comentario:
Publicar un comentario