O mércores 12 de decembro, o alumnado de 5º e 6º de Primaria participamos, con alumnado doutros centros educativos da comarca, nun campionato de `Campo a través´ na zona da Azucreira de Portas.
A xornada estivo organizada polo Servizo Provincial de Deporte de Pontevedra e a Agrupación Deportiva Escolar Terras do Ulla-Umia, no marco do programa XOGADE da Xunta de Galicia.
Participamos con grande entusiasmo, esforzo e ilusión. Alegrounos moitísimo saber que a nosa compañeira, Alba Barreiro Gómez, de 5º A, na categoría alevín feminina, chegou de primeira, o que lle valeu unha medalla de ouro.
Amais, Héctor Rodríguez Ayude, de 5º B, e Pablo Fernández Piñeiro, de 6º A, conseguiron diploma nas súas respectivas categorías.
Non houbo máis premios para o noso colexio pero tanto ten porque para nós o máis importante é participar con ganas e deportividade, na procura de dar o mellor e desfrutar a tope.
Foi unha experiencia súper divertida e súper emocionante!!!
Alumnado de 5º e 6º de Primaria.
A carreira foi incrible! Con tanta xente, parecía imposible gañar.
Nun principio, tiña a vaga sensación de estar soñando. Ademais, doíame a barriga polos nervios. Por sorte, a dor pronto pasou.
Cando comezamos a correr, estabamos todas en piña mais, logo, algunhas empezamos a adiantar. Nun momento da carreira, eu coloqueime no terceiro posto. Logo, adiantei á que ía de segunda. Había un montón de nenas! Conseguín adiantar a que ía de primeira e ela, á súa vez, adiantoume a min. Volvín adiantala e cheguei á meta. Non mo podía crer! Cando me decatei, xa estaban a chegar as miñas compañeiras. Por desgraza, non se clasificaron. Conteilles o meu e, despois, fomos beber. Vimos a chegada dos alevíns masculinos e falamos con eles.
Gustoume moito participar. A herba mollada, o aire limpo, o circuíto marcado por tramos con cinta que, segundo o miraras, parecía que estaba enleado... Encantoume!!!
Alba Barreiro Gómez. 5ºA
Ningún comentario:
Publicar un comentario