05/12/18

CLASES DE ASTRONOMÍA NUN PLANETARIO MÓBIL

Hoxe, o alumnado de 5º e 6º de Primaria asistimos, en dúas sesións, a unhas espectaculares clases de Astronomía no interior dun planetario móbil, semellante a un iglú, impartidas por Íñigo de la Quadra-Salcedo, fillo do popular presentador de televisión, reporteiro e aventureiro, Miguel de la Quadra-Salcedo. 

Baixo a súa guía, fixemos unha viaxe alucinante no espazo e no tempo e nos achegamos á orixe e Historia da Astronomía. Contemplamos o Universo, as galaxias, o movemento das estrelas, os planetas e os satélites máis importantes do noso Sistema Solar. 
Íñigo explicou tamén cuestións como as distancias dos planetas ao Sol, quen propuxo a teoría heliocéntrica, o nome do punto que marca a distancia máis curta entre a Terra e o Sol, as fases da Lúa, os eclipses ou, mesmamente, algúns trucos para orientármonos no ceo nocturno.

As proxeccións eran moi realistas e o guía, moi simpático. A verdade é que espertou en nós o desexo de saber máis sobre o Universo e poder ir algún día a un planetario máis grande e espazoso para ver mellor as constelacións e saber máis sobre o apaixonante mundo exterior.

Unha experiencia única, xenial e inolvidábel !

Moitísimas grazas, Íñigo !

Ningún comentario:

Publicar un comentario

VISITAS