Este curso eliximos como libro de lectura "A volta ao mundo en 80 días" de Julio Verne e, traballando sobre el, realizamos un bonito Proxecto de lectura.
O libro permitiunos investigar algúns continentes e países polos que pasou Phileas Fogg, o protagonista. Ademais, creamos un pasaporte de viaxe no que iamos pegando os selos que certificaban o "paso" por cada país e no que debuxamos diferentes medios de transporte utilizados na viaxe.
Tamén nos gustou moito facer o maletín de viaxe cos correspondente selos. Quedáronnos moi bonitos!
Para rematalo, quixemos fotografarnos co protagonista e cos nosos maletíns de viaxe.
A verdade que este libro gustounos moito!
Ningún comentario:
Publicar un comentario