Para poñer un remate especial a este curso, o martes 15 de xuño o alumnado de 5º curso de Educación Primaria fixemos unha excursión ao
CASTELO DE SOUTOMAIOR.
Adicamos toda a mañá a facer un percorrido por este fermoso castelo que nos trasladou á Idade Media.
Cruzamos a ponte levadiza e o foso e guiados por paneis explicativos e interactivos, percorremos as distintas estancias do castelo, o Patio de armas, a Galería das Damas, a Torre do Homenaxe, as almeas e incluso as latrinas daquela época.
E coñecemos a historia dos seus propietarios máis famosos, entre os que destacan Pedro Álvarez de Soutomaior, máis coñecido como Pedro Madruga, e María Vinyals e o seu esposo Enrique Lluria, que construiron o sanatorio Lluria próximo ao castelo, convertido hoxe en día en hotel.
Con anterioridade, nas aulas estivemos estudando esa época, as diferentes partes dun castelo, fixemos o Decálogo do bo Cabaleiro e confeccionamos escudos e lanzas medievais.
Aprendemos moito e pasámolo xenial!
Ningún comentario:
Publicar un comentario