O alumnado de 6º despediu o curso e a súa etapa na Educación Primaria cunha excursión ao grande.
Pola maña fixemos unha ruta dende o porto de Aguete ata o banco de Loira, onde repuxemos forzas.
Logo, dirixímonos ao Lago de Castiñeiras e alí realizamos xogos, xantamos e fixemos unha chistosa entrega de premios.
Pola tarde visitamos o Ecoparque de Marín, onde nos divertimos moitísimo nas tirolinas, combinando equilibrio, forza, destreza e auto-control para superar as diferentes probas.
Despois do esforzo, merendamos á sombra duns carballos para facer fronte á calor e voltamos para a casa cheos de adrenalina e cantando a pleno pulmón.
Foi un día para o recordo tanto para as mestras como para os rapaces e rapazas.
PASÁMOLO XENIAL!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario