As mozas e mozos de 6º de Primaria fixemos unha viaxe de fin de curso á illa de Cortegada, que está situada ao fondo da ría de Arousa, frente ao pobo de Carril. Cortegada é un dos grandes tesouros naturais das Rías Baixas, a máis pequena do Parque Nacional das Illas Atlánticas pero a que ten un dos bosques de laurisilva máis grandes de toda Europa.
Para chegarmos a Cortegada, fomos en bus dende o colexio ata Carril. Alí, exploramos e investigamos na praia a pracer. Ao encher a marea, collemos unhas lanchas e, en menos que canta un galo, xa estabamos todos pisando a illa. Fixemos unha ruta guiada chulísima! Ademais de enterármonos dunha chea de cousas sobre a súa Historia, lendas e costumes, escoitamos o canto dun montón de paxariños diferentes, gozamos co recendo deste gran "bosque flotante" e ata puidemos bañármonos e todo.
Unha viaxe inesquecíbel ! ! !
Ningún comentario:
Publicar un comentario