Para despedirmos o curso, o alumnado de 5º de Primaria fomos de excursión a Marín. Pola mañá, fixemos unha andaina fantástica, visitamos os petróglifos de Mogor e xogamos na praia. Pola tarde, no Ecoparque de Marín, vivimos unha experiencia súper emocionante en contacto coa natureza. Divertímonos a tope nas tirolinas e percorremos unha chea de circuítos de aventura, situados nas copas das árbores.
PASÁMOLO XENIAL ! ! !
Ningún comentario:
Publicar un comentario