Esta semana, as rapazas e rapaces de 5º descubrimos un mundo microscópico!
Nas clases de Ciencias da Natureza estamos a estudar as diferentes formas que poden ter os seres vivos e, para aprender, non hai mellor xeito que experimentar.
Primeiro, familiarizámonos co microscopio, as súas partes e o seu funcionamento. Logo, preparamos unha tinción de cebola e puidemos ver as súas células cos seus núcleos. Tamén observamos larvas e ás de insectos, musgo e, incluso, unha gota de auga estancada, na que comprobamos que tamén hai vida!
Existe ao noso redor todo un universo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario