12/04/15

CARTA A D. XOSÉ NEIRA VILAS

     O pasado curso D. XOSÉ NEIRA VILAS foi proposto polo CONSELLO DA CULTURA GALEGA como candidato ao VI Premio Mimi. O equipo integrado por Nerea, Andrea e Manuel investigou sobre o insigne escritor e presentou a súa candidatura ao resto da comunidade escolar.


     Entón, escribímoslle unha carta a D. Xosé para comunicarlle a boa nova.
     Cal foi a nosa sorpresa que, ao final do curso, recibimos no colexio unha chamada telefónica.
     ¡ ¡ Era el mesmo que quería falar connosco e contarnos moitas cousas ! !

     Como non podía ser doutro xeito, decidiuse que no curso 2014-15 todo o colexio levaría a cabo o proxecto estrela "NEIRA VILAS", centrado na súa vida e na súa obra, coa ilusión de recibir a súa visita e amosarlle todos os traballos que fixeramos.

     No mes de xaneiro escribímoslle esta segunda carta:


Barro, 14 de xaneiro de 2015


Estimado D. Xosé:

     Somos @s alumn@s do CEIP Amor Ruibal de Barro que o curso pasado contactamos con vostede. Impresionounos moito que nos telefonase e se comprometese a visitarnos.

     Como xa era fin de curso, deixámolo para este ano.

     No primeiro trimestre disfrutamos da súa obra “A Marela Tarabela”.

     Aínda que vivimos nunha zona rural, ninguén ten vaca na súa casa. Algúns temos becerro. Segundo din os nosos pais, para que faga esterco, coma a herba e despois, comelo a el.

    Espantallos temos varios. Usámolos con distintos fins: asustar aos paxaros, decorar o xardín, practicar puntería ou asustar aos irmáns pequenos.

    Ningún deles fala nin ten sentimentos. Terémoslles que poñer un corazón de pexego e pedir axuda ás fadas.

     Podíanos explicar vostede como conseguir esa maxia?

     Agardámolo con ilusión e impaciencia no noso colexio.


  Saúdos d@s nen@s de sexto.



     E, novamente, respondeu cunha segunda chamada telefónica para fixar a data do encontro. Días antes de celebrarse, comunicáronnos que non podería ser pois D. Xosé atopábase enfermo.

    ¡ ¡ ¡ Ai ! ! !         ¡ ¡ ¡ Que disgusto levamos ! ! !

     ¿Que decidimos facer nós?: Xuntar os nosos corazóns e desexarlle unha pronta recuperación.

     E . . . ¡ ¡ ¡ maxia potaxia ! ! !  O mércores 8 de abril agasallounos coa sua presenza.

     ¡ Foi unha xornada memorable!

    (Na foto: D. Xosé con Nerea, Andrea e Manuel)




Ningún comentario:

Publicar un comentario

VISITAS