Hoxe, @s alumn@s de 5º tivemos con Julia o último taller de Habilidades Sociais. Tiñamos que debuxarmos a nós mesm@s e @s compañeir@s tiñan que describirmos cunha condición: soamente podían dicir cousas positivas.
Foi chulísimo ! Se educamos a nosa mirada para aprender a ver o bo que teñen @s demais, será máis sinxelo levarmos ben, a vida pareceranos máis bonita e seremos moitísimo máis felices.
Como era o último día, achegáronse á nosa aula Abraldes, o alcalde, e Rafa, o director. E, como tiñan interese en saber o que fixeramos ao longo de todas as sesións, falamos con eles do que lemos, debuxamos, escribimos e debatemos sobre as emocións, a autoestima, a empatía, o respecto ás diferenzas ou como solucionar problemas dun xeito pacífico.
Os talleres estiveron xeniais. Logo de cada unha das sesións, sentiámonos como máis alegres. Claro que axudou moito o feito de que Julia é moi simpática e cariñosa, e explica as cousas moi ben.
MOITÍSIMAS GRAZAS ! ! !
En 6º traballamos con Julia cuestións como o valor da autoestima, os tipos básicos de comportamento (pasivo, positivo, agresivo), a importancia de relacionarmos dun xeito positivo (que é o saudable) evitando comportamentos pasivos ou agresivos, a presión grupal (saber dicir "non"), a resolución pacífica de conflitos ou os riscos do alcol e do tabaco para a saúde física e mental.
Julia animounos sempre a falar e a participar. A verdade é que tod@s colaboramos a tope e, tamén, rimos moitísimo. Sobre todo hoxe que, por ser a última, tivemos unha sesión especial.
Distribuídos en catro grupos, elaboramos cócteles (sen alcol, claro), seguindo as instrucións de Julia. Sentiámonos coma se estiveramos en MasterChef.
Foi sensacional ! Por dúas razóns principais:
- Era o cumpre de Pilar, a nosa titora. (Que ben o celebramos !)
- Viñan Abraldes, o alcalde, e Rafa, o "dire", pois querían probar os nosos cócteles e falarmos do importante que é saber divertirse sen fumar nin beber alcol.
Antes de despedirmos, brindamos á saúde de tod@s: "Chin, chin".
MOITÍSIMAS GRAZAS ! ! !
Nota para Julia: Se les isto, que saibas que esperámoste ver no Instituto.
Si, a verdade é que o pasamos moi ben.
ResponderEliminarCelia Pombo 6ª A
Pasamolo moi ben facendo os cocteles, a pena foi que era o ultimo día
ResponderEliminarpero ainda así paseino xenial
Xa que pena
EliminarEstuvo moi chulo esperemos que para o ano volvamonos a ver no instituto!Viva Julia!
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarA min encantoume por que gustame moito cociñar e estos cócteles bounos facer para o verán gracias Julia
ResponderEliminarA verdade e que estivo moito ben a pena foi que era o último día
ResponderEliminar