18/11/16

CLAUSURA DOS TALLERES DE HABILIDADES SOCIAIS E PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS

     Hoxe, @s alumn@s de 5º tivemos con Julia o último taller de Habilidades Sociais. Tiñamos que debuxarmos a nós mesm@s e @s compañeir@s tiñan que describirmos cunha condición: soamente podían dicir cousas positivas.
     Foi chulísimo ! Se educamos a nosa mirada para aprender a ver o bo que teñen @s demais, será máis sinxelo levarmos ben, a vida pareceranos máis bonita e seremos moitísimo máis felices.


     Como era o último día, achegáronse á nosa aula Abraldes, o alcalde, e Rafa, o director. E, como tiñan interese en saber o que fixeramos ao longo de todas as sesións, falamos con eles do que lemos, debuxamos, escribimos e debatemos sobre as emocións, a autoestima, a empatía, o respecto ás diferenzas ou como solucionar problemas dun xeito pacífico.


    Os talleres estiveron xeniais. Logo de cada unha das sesións, sentiámonos como máis alegres. Claro que axudou moito o feito de que Julia é moi simpática e cariñosa, e explica as cousas moi ben.

MOITÍSIMAS GRAZAS ! ! !


     En 6º traballamos con Julia cuestións como o valor da autoestima, os tipos básicos de comportamento (pasivo, positivo, agresivo), a importancia de relacionarmos dun xeito positivo (que é o saudable) evitando comportamentos pasivos ou agresivos, a presión grupal (saber dicir "non"), a resolución pacífica de conflitos ou os riscos do alcol e do tabaco para a saúde física e mental.

     Julia animounos sempre a falar e a participar. A verdade é que tod@s colaboramos a tope e, tamén, rimos moitísimo. Sobre todo hoxe que, por ser a última, tivemos unha sesión especial. 
     Distribuídos en catro grupos, elaboramos cócteles (sen alcol, claro), seguindo as instrucións de Julia. Sentiámonos coma se estiveramos en MasterChef.


     Foi sensacional ! Por dúas razóns principais:
  1. Era o cumpre de Pilar, a nosa titora. (Que ben o celebramos !)
  2. Viñan Abraldes, o alcalde, e Rafa, o "dire", pois querían probar os nosos cócteles e falarmos do importante que é saber divertirse sen fumar nin beber alcol.

    Antes de despedirmos, brindamos á saúde de tod@s: "Chin, chin".



MOITÍSIMAS GRAZAS ! ! ! 

     Nota para Julia: Se les isto, que saibas que esperámoste ver no Instituto. 


7 comentarios:

  1. Si, a verdade é que o pasamos moi ben.
    Celia Pombo 6ª A

    ResponderEliminar
  2. Pasamolo moi ben facendo os cocteles, a pena foi que era o ultimo día
    pero ainda así paseino xenial

    ResponderEliminar
  3. Estuvo moi chulo esperemos que para o ano volvamonos a ver no instituto!Viva Julia!

    ResponderEliminar
  4. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  5. A min encantoume por que gustame moito cociñar e estos cócteles bounos facer para o verán gracias Julia

    ResponderEliminar
  6. A verdade e que estivo moito ben a pena foi que era o último día

    ResponderEliminar

VISITAS