Amosando publicacións coa etiqueta ALUMN@S. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ALUMN@S. Amosar todas as publicacións

11/05/20

POESÍA "LOITANDO CONTRA O COROAVIRUS"

Neste tempo de confinamento, dúbidas, aplausos nas ventás e aulas virtuais, o alumnado de sexto curso participou na elaboración dunha poesía na que cada quen aportou o seu gran de area.

Esperamos que vos guste!
#euquedonacasa

28/04/20

AS MENINAS XOGAN AO TRIVIAL EN BARRO

Na nosa viaxe virtual destes días, nas aulas de 6º de Primaria chegamos ao Museo do Prado, un dos tres museos do Triángulo de Ouro das Artes que se atopa en Madrid.

Un dos cadros máis visitados do Prado é "La familia de Felipe IV” de Diego Rodríguez de Silva y Velázquez, máis coñecido como "Las Meninas", que foi o centro das nosas tarefas e investigacións.

Unha das actividades que propuxemos ao alumnado para rematar o proxecto e facelo dun xeito máis lúdico, foi o xogo titulado "As Meninas xogan ao trivial en Barro".

Nel, as titoras de 6º curso e o profe Miguel do Programa Arco, deseñamos un taboleiro e unhas tarxetas con preguntas tipo trivial sobre o cadro, para que poidamos xogar en familia.


Podedes acceder ao taboleiro coas instrucións e as tarxetas no seguinte pdf:

Que o desfrutedes!!

Porque xogando tamén se aprende!!

#euquedonacasa

22/04/20

O PUNTILLISMO E A PRIMAVERA


A primavera é unha das estacións na que máis desfrutamos da paisaxe, porque hai máis horas de luz e podemos estar fóra, xogar e estar un pouco máis libres.

Sen embargo, esta situación de confinamento durante o estado de alarma non nos deixa desfrutar de todo destas sensacións.

Por iso, partindo dun vídeo sobre a técnica do puntillismo publicado en aulasgalegas.org propuxemos ao alumnado de 6º curso que debuxasen unha paisaxe de primavera utilizando esa técnica pictórica e que aproveitasen o debuxo para describilo e indicar que sensacións lle produce.

Estes son os resultados:


Tedes o traballo completo nesta publicación:




Que ben o estades facendo!! Sodes uns artistas e unhas artistas!!!

Moitísimas grazas

 polo voso esforzo, colaboración e interese

 por seguir aprendendo!!!

#euquedonacasa

22/03/20

NOVAS FORMAS DE COMUNICACIÓN COAS VOSAS TITORAS

Ola a todos e todas:

Que tal estades? Como ides levando estes días?
Agardamos que sexa o mellor posible e que todos esteades ben.

Ante a imposibilidade de acudir ao centro polas circunstancias sanitarias que se están a dar neste momento, as titoras de 6ºA e 6ºB creamos en cada unha das asignaturas que impartimos un foro para preguntar dúbidas ou enviar tarefas.

Para poder entrar no foro tendes que facer o seguinte:

1º Entrar en Edixgal.

2º Escoller unha das asignaturas (CIENCIAS DA NATUREZA, CIENCIAS SOCIAIS, MATEMÁTICAS, LINGUA GALEGA ou LINGUA CASTELÁ).

3º Nos últimos temas dados de cada asignatura atoparedes o foro.



4º Pulsade sobre as letras en cor azul Foro 6ºA ou Foro 6ºB e poderedes preguntarnos as vosas dúbidas sobre as tarefas a realizar estes días ou enviar aquelas que vaiades facendo.

Moito ánimo!!

E un forte abrazo!! (aínda que sexa virtual!!)

#euquedonacasa


06/03/18

MELLOR PREVIR QUE CURAR

      O día 27 de febreiro con Julia Búa Núñez, técnica en prevención de drogodependencias e coa cofinanciación da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, fixemos actividades sobre a prevención de malos hábitos como son as drogas: tabaco e alcol.

Vimos un vídeo sobre o malo que é fumar e que pode provocar enfermidades, como o cancro de pulmón.


O día 28 de febreiro, para rematar o obradoiro, fomos ao comedor e falamos sobre o alcol.

    Falamos sobre as bebidas malas e boas para o corpo. Logo fixemos cócteles sen alcol e invitamos ao alcalde e ao director a probar  os nosos cócteles. Un pracer Julia!!!    

                                             Alumnado de 6º.


                                                                             

03/05/14

O MEDO

En "Ás de mosca para Anxo" sae a relucir o medo. Nas nosas vidas tod@s o sentimos algunha vez ; @s alumn@s de 5º tamén e expresárono dun xeito ben fermoso:

30/04/14

UN SECUESTRO É...

No libro de Fina Casalderrey, "Ás de mosca para Anxo", sae o tema do secuestro. @s artistas de 6º A reflexionaron e plasmaron as súas ideas, tal e como podedes ver.
E para ti, que é un secuestro?

08/04/14

MOSCAS

Dentro do proxecto "Ás de mosca para Anxo", alumn@s de 5º ilustran e expresan pensamentos e sentimentos en prosa e en verso partindo do tema "Se eu tivese ás...":

07/04/14

BICOS

Traballo elaborado pol@s alumn@s de 5º enmarcado no proxecto "Ás de mosca para Anxo" de Fina Casalderrey:

23/12/13

BANDA XUVENIL DE BARRO

A compañeira Miriam de 6º A adicou no seu blogue unha entrada aos músicos Manuel Fariña e Esteban Outón da Banda Xuvenil de Barro, que tiveron a xenerosidade de adicarnos unha mañá para explicarnos moitas cousas sobre os instrumentos de vento metal e, o mellor de todo, poder probalos:

http://miripa27.blogspot.com.es/2013/11/bombardino-trompa-e-trompeta.html#gpluscomments

E, neste video, podemos atopar unhas pinceladas que nos axudan a rememorar os encontros musicais con que nos agasallan os músicos da nosa Banda.

MOITAS GRAZAS!!


 

11/10/13

BLOGUE DE MIRIAM

Nesta entrada déixovos o enlace para que podades acceder ao blogue da vosa compañeira de 6º A Miriam. Xa ten publicadas unha chea de entradas moi pero que moi interesantes.
Bravo, Miriam!!!!
Non deixedes de visitala!!!


VISITAS