Amosando publicacións coa etiqueta FOTOS COLEXIO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta FOTOS COLEXIO. Amosar todas as publicacións

18/06/21

EXCURSIÓN FIN DE CURSO!

Para poñer un remate especial a este curso, o martes 15 de xuño o alumnado de 5º curso de Educación Primaria fixemos unha excursión ao

CASTELO DE SOUTOMAIOR. 

Adicamos toda a mañá a facer un percorrido por este fermoso castelo que nos trasladou á Idade Media. 





Cruzamos a ponte levadiza e o foso e guiados por paneis explicativos e interactivos, percorremos as distintas estancias do castelo, o Patio de armas, a Galería das Damas, a Torre do Homenaxe, as almeas e incluso as latrinas daquela época.

E coñecemos a historia dos seus propietarios máis famosos, entre os que destacan Pedro Álvarez de Soutomaior, máis coñecido como Pedro Madruga, e María Vinyals e o seu esposo Enrique Lluria, que construiron o sanatorio Lluria próximo ao castelo, convertido hoxe en día en hotel.



Con anterioridade, nas aulas estivemos estudando esa época, as diferentes partes dun castelo, fixemos o Decálogo do bo Cabaleiro e confeccionamos escudos e lanzas medievais.












Aprendemos moito e pasámolo xenial!

15/06/21

EXCURSIÓN FIN DE CURSO!

O alumnado de 6º despediu o curso e a súa etapa na Educación Primaria cunha excursión ao grande.

Pola maña fixemos unha ruta dende o porto de Aguete ata o banco de Loira, onde repuxemos forzas. 

Logo, dirixímonos ao Lago de Castiñeiras e alí realizamos xogos, xantamos e fixemos unha chistosa entrega de premios.

Pola tarde visitamos o Ecoparque de Marín, onde nos divertimos moitísimo nas tirolinas, combinando equilibrio, forza, destreza e auto-control para superar as diferentes probas.

Despois do esforzo, merendamos á sombra duns carballos para facer fronte á calor e voltamos para a casa cheos de adrenalina e cantando a pleno pulmón.

Foi un día para o recordo tanto para as mestras como para os rapaces e rapazas. 

                                    PASÁMOLO XENIAL!!!







                         

              





                                                                

                                                                    


22/04/21

EXPERIMENTAMOS!

Aproveitando o bo tempo,o alumnado de 6º curso, estivo realizando
experimentos ao aire libre. 

Os compañeiros e compañeiras que trouxeron de forma voluntaria o seu  equipo científico, viñeron cargados de materiais e motivación para sorprender ao seu  público.

A clase resultou moi divertida e dinámica. Repetiremos seguro!








05/05/14

HORTA ESCOLAR

O noso centro participa este ano no programa Voz Natura co proxecto "Horta escolar". Así que @s nos@s alumn@s, ben equipados con botas e ferramentas, puxéronse mans á obra e plantaron cítricos dos que esperamos obter limas, kumquats, limóns, pomelos, laranxas e tanxerinas.
Mmmm! Que menú máis refrescante para as nosas merendas!
Bo traballo chic@s!












29/04/13

VISITAS