Amosando publicacións coa etiqueta CONCERTO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CONCERTO. Amosar todas as publicacións

18/09/17

CONCERTO INAUGURAL

   O pasado 14 de setembro, todo o colexio, de infantil a 6º de primaria, fomos á nave de música porque un mestre da Escola de Música de Barro, Manuel Fariña, deunos unha pequena charla sobre os instrumentos.

   O primeiro instrumento que nos ensinou Manuel foi o bombo, logo o tambor, despois os pratos e a tuba, que son de percusión; por último mostrounos un corno que soaba moi ben. Como todos os músicos que pertencían á banda tiñan eses mesmos instrumentos, escoitamos unha peza de música de cada un deles.
   Ao final de todo, a banda de música, deleitounos cunha peza moi fermosa. Como nos gustou moito, pedimos outra e tocáronnos "Despacito" cos instrumentos. Pasámolo moi ben!



                             SARA CASALDERREY MAGDALENA e BREIXO DOMÍNGUEZ AMEAL.


09/04/16

VISITA ARTÍSTICA EN PONTEVEDRA

     O venres 1 de abril @s alumn@s de 5º e 6º achegámonos ata Pontevedra para seguir aprendendo dun xeito diferente.
   En primeiro lugar fomos ata o Café Moderno para participar na visita-obradoiro "ISIDORO BROCOS. ESCULTURA E DEBUXO" da Colección ABANCA.
    Alí recibíronnos Patricia e Jennifer que nos separaron en dous grandes grupos: Por un lado 5º e, por outro, 6º. Ademais, en cada curso fixemos cinco pequenos equipos.


     Na sala destinada a Isidoro Brocos, a cada equipo asignáronlle un nome de gladiador e unha ficha na que había que rexistrar unha serie de datos sobre a vida e a obra de Brocos, mestre de Picasso e un dos grandes artistas galegos do último terzo do século XIX. Logo, tiñamos que expor as conclusión diante d@s demais compañeir@s.


     Na galería do Café Moderno desenvolvemos un taller creativo no que cada equipo tiña que facer unha obra pictórica con elementos xeométricos a partires dun tema dado: Animais, plantas, superheroes, obxectos e figura humana.
     Neste mural podedes ver o resultado dos nosos traballos. Quedaron moi chulos, a que si?


     Entre unha actividade e a outra déronnos as 11:45 h. Mi madriña que fame tiñamos ! Como non chovía, puidemos merendar moi cerca, na praza da Liberdade.


    Foi unha merenda express pois ás 12:00 h daría comezo "ESTAMOS NO VERÁN", un espectáculo musical da compañía SON+D2, para o que reservaramos entradas dende hai meses.
  Sobre o escenario tres músicos, unha cantante e unha bailarina (que animaba ao público) interpretaron moitas cancións con estilos tan variados como pop, rock, jazz ou bossa nova. E tocaron instrumentos como a batería, a guitarra española, a guitarra eléctrica, o baixo e o ukelele.


    Foi divertidísimo ! Cantamos, bailamos, rimos e aplaudimos de boa gana.
   A función rematou con centos de pompas de xabón enchendo o auditorio.

    Pasámolo moi pero que moi ben !     
   

30/03/15

SALÓN DO LIBRO E CONCERTO DIDÁCTICO

     O xoves 19 de marzo @s chic@s de 5º e 6º chegamos ao colexio moi content@s porque iamos a Pontevedra a visitar o Salón do Libro e asistir a un concerto de Odaiko Percussion Group.
    A viaxe en bus, tanto a ida como a volta, fíxose curtiña e nós gozámola ollando a paisaxe, conversando c@s amig@s, rindo e facendo das nosas.
      A primeira parada foi no Pazo da Cultura.


    Alí recibiunos cun sorriso Paula, que tiña a misión de guiarnos polas instalacións do Salón do Libro que, nesta edición, levaba o título "Da ciencia á ficción".


    Para empezar, detivémonos diante dunhas maquetas xigantes da creadora Rosana Largo Rodríguez, baseadas nos contos clásicos de "Pinocho", "Alicia no País das Marabillas", "As viaxes de Gulliver", "Carapuchiña Vermella", "O Mago de Oz"  e "Os tres porquiños".






    Paula preguntounos a relación de cada un destes contos coa ciencia e nós, que somos moi agud@s, contestabamos mirando de reollo para os cartaces. 


     Ela ría e, ademais de completar as explicacións, pulsaba uns botóns e mirabamos abraiados cómo crecía o nariz de Pinocho, cómo se iluminaba o bosque no que tiña que adentrarse Carapuchiña ou cómo subía e subía un globo aerostático. ¡Chulísimo!
    Logo fomos ver a exposición dos traballos que fixeron @s alumn@s dos colexios participantes. ¡Que bonitos! ¡Canta imaxinación! ¡Canta creatividade!
     A continuación, entramos nunha sala que contiña un cubo xigante.


    Paula falounos da luz branca e do seu descubridor, Isaac Newton, quen chegou a deducir que as cores do arco da vella son cores puras mentres que a luz branca é a mezcla de todas elas. Nós, mirando ao través dos caleidoscopios que nos achegou a nosa guía, deleitámonos co mundo de cores que xiraba e xiraba diante dos nosos ollos.
     Nun Salón que vai da ciencia á ficción non pode faltar a ciencia-ficción e, por suposto, as naves espaciais. Acomodados nun novo espazo, Paula preguntou se recordabamos títulos de películas onde saían naves espaciais e contestamos: "Star Trek", "Star Wars" e "Viaxe ao futuro".


     Nunha parede había dous mandos que, supostamente, correspondíanse con dúas naves. A nosa guía rifou e Lucía e Elena foron as encargadas de dirixir as manobras que tod@s @s demais, como bos integrantes dun equipo, tiñamos que facer para acadar con éxito a nosa misión. 


    Na seguinte sala xogamos a descubrir algunhas das constelacións máis coñecidas como a Osa Maior, a Osa Menor, Casiopea ou Orión.


     No momento en que Paula estaba narrando unha historia sobre Orión e a deusa Artemisa, revolucionámonos porque apareceu Orbil, a mascota do Salón do Libro. Abrazou ás "profas" e tod@s queriamos tocar a súa pelaxe. ¡Que suave e agarimoso . . . !


     Para finalizar, a nosa guía propuxo que inventaramos, por grupos, unha historia para contala logo @s nos@s compañeir@s. E temos que dicir que saíron unhas historias a mar de inspiradoras. ¡Claro! Nese ambiente . . . 
     Despois dos aplausos, Paula despediuse e nós agradecímoslle a súa atención e simpatía. ¡Foi unha guía marabillosa!
     Dende o Pazo da Cultura atravesamos o recinto feiral, pasamos por diante dunha escultura adicada a Rosalía de Castro, cruzamos unha ponte sobre o río Lérez e adentrámonos no casco histórico de Pontevedra pola rúa Serra dirixíndonos cara a Ferrería. Alí fixemos unha paradiña para encher o bandullo. Tiñamos a necesidade de renovar as nosas enerxías para o espectáculo musical que nos agardaba.
     Faltaban dez minutos para as doce cando chegamos á sede de Afundación. ¡Puntuais coma cravos! E o teatro encheuse rapidamente. 


     Como nós xa fixeramos por equipos uns traballos de investigación sobre Odaiko Percussion Group, tiñamos especial curiosidade por velos en vivo e directo. E a verdade e que non defraudaron, non. Demostraron ser uns músicos boísimos tocando instrumentos de percusión moi variados, tanto convencionais como inventados por eles: o caixón, a caixa chinesa, a marimba, o vibráfono, o bombo, a caixa, un bidón, tubos, tuberías, caldeiros ou os seus propios zocos. E todo todiño todo presentado con moito sentido do humor, animando ao público a cantar, a bailar e acompañar con palmas as melodías que tocaban, algunhas clásicas (Johann Sebastian Bach) e outras do folclore tradicional.
   









    ¡Foi espectacular! ¡Unha auténtica gozada! 
    E así, coas pilas cargadas e moitas ideas bulindo polas nosas cabeciñas, deixamos Pontevedra e voltamos a Barro, falando sen parar.


19/06/13

DES-CONCERTO

Catro músicos virtuosos, liderados polo xenial violinista Ara Malikian, fusionan música clásica con outros estilos musicais dun xeito espectacular no que non falta o sentido do humor:


VISITAS