Amosando publicacións coa etiqueta INVESTIGACIÓN. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta INVESTIGACIÓN. Amosar todas as publicacións

27/10/23

AS OLIMPÍADAS DAN MOITO XOGO EN 5º

As alumnas e os alumnos de 5º de Primaria están a tope co PDI (Proxecto Documental Integrado) deste curso: "As olimpíadas dan moito xogo"

Xa investigaron acerca da orixe dos xogos da Antigüidade e da Modernidade; tamén, dos continentes nos que tiveron lugar. Como non podía ser doutro xeito, o traballo por equipos fai que cheguemos máis lonxe!

Estamos a aprender moitísimo! 

Pero isto só é o comezo da carreira!





10/06/23

BARRO E OS 3R

Co obxectivo triple de coñecer a nosa contorna, coidar do medio ambiente e practicar sendeirismo, o alumnado de 6º de Primaria desenvolveu, ao longo do curso, diversas tarefas relacionadas coa regra dos 3R, participou nas Patrullas Verdes, realizou traballos de investigación e de campo para recoller datos sobre diversos aspectos culturais e científicos da contorna, e percorreron un pequeno tramo do Camiño de Santiago, con recollida de refugallos incluída.

Moitísimos Parabéns!!!



06/06/23

OBRADOIRO DE INSTRUMENTOS MUSICAIS

Unha das fantásticas actividades que o alumnado de 6º de Primaria desenvolveu, no marco do PDI Inventos, foi o obradoiro de instrumentos musicais. Logo de investigar sobre diferentes instrumentos e as súas familias, o alumnado púxose mans á obra e, con moito enxeño e materiais de reciclaxe, creou os seus propios instrumentos musicais. De cada un deles elaborou a súa ficha correspondente (nome, familia a que pertence, materiais empregados) e deu un pequeno e delicioso concerto.

Todos os instrumentos soaban de marabilla!!!

MOITÍSIMOS PARABÉNS, ARTISTAS!!!


21/06/22

CAMIÑO PRIMITIVO

No marco do Proxecto Documental Integrado deste curso escolar "Barro no Camiño", o alumnado de 5º de Primaria indagou a fondo sobre o Camiño Primitivo, o trazado do Camiño de Santiago que nos leva directamente ás auténticas raíces da peregrinación, cun estudo pormenorizado dos lugares por onde pasa con actividades de localización xeográfica, monumentos, tradicións, historia... 

Velaquí unha mostra da arte coa que marcaron no corredor o seu itinerario.




19/05/22

FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, o alumnado de 5º de Primaria investigou sobre a vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán. Co resultado das súas pescudas, crearon un fermoso mural en forma de bandeira de Galicia, composto por imaxes do autor homenaxeado que conteñen títulos ou versos dos seus poemas.


"Galicia é infinda!
Nosa Galicia é máis que toda a Terra. 
(...) 
Polo mundo espallados
van os netos dos celtas.
(...)
Os recantos do Mundo...
Todo é terra galega!"

08/04/22

UNHA FELIZ VIAXE POLA VIDA

O sábado 2 de Abril celebrouse o Día Mundial da Concienciación sobre o Trastorno do Espectro Autista (TEA). Con tal motivo, o alumnado de 5º A dedicou a semana a investigar sobre o TEA e os sistemas aumentativos e alternativos de comunicación como os pictogramas, utilizando diversos recursos que atoparon na rede (ARASAAC e Pictotraductor). Como produto final do seu traballo, elaboraron o seu horario de aula utilizando pictogramas e crearon uns preciosos acrósticos con mensaxes moi amorosas e desexosas de que todas as persoas poidan gozar neste mundo dunha 

FELIZ VIAXE POLA VIDA! ! !



21/03/21

"SOMOS ARTISTAS"

O alumnado de 6º curso emprendeu unha viaxe a través da Historia da Arte cos pintores máis recoñecidos e as súas obras máis emblemáticas.

Primeiro, estiveron buscando información biográfica e artística sobre ditos personaxes: elexiron imaxes, debuxaron e recrearon algúns dos seus cadros.

Finalmente, recolleron a información para presentala de diversos e vistosos modos.

                                Así quedaron os seus traballos!  













VISITAS