Amosando publicacións coa etiqueta ESCRITORAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ESCRITORAS. Amosar todas as publicacións

28/01/21

Escritura creativa!

Co fin de dar a coñecer e poñer en práctica recursos de escritura creativa
e  fomentar no alumnado o desexo de escribir, potenciar a súa creactividade e mellorar a competencia lingüística, o alumnado de 6º curso puxo en marcha a súa imaxinación e creou Heroes e Heroínas versus Viláns e Vilás. 

Ademais dos debuxos, as mozas e mozos inventaron o seu punto débil, un superpoder ou como estes personaxes poderían mellorar ou empeorar o mundo.

Aquí tedes os fantásticos resultados.

















18/01/17

MARILAR ALEIXANDRE INGRESA NA REAL ACADEMIA GALEGA

     MARILAR ALEIXANDRE (escritora, bióloga, investigadora e catedrática) ingresou na Real Academia Galega co discurso Voces termando da paisaxe galega no que reivindica o medio natural, a defensa da lingua, a xustiza social e o feminismo.

Máis información no blog da nosa Biblioteca:




20/06/14

A CARRASQUIÑA

Moito gozou FINA CASALDERREY coa nosa interpretación da carrasquiña ! E nós, como podedes ver, pasámolo en grande cantando e movéndonos cara a arriba e cara a abaixo, danzando en parellas, xirando e ofrecendo, como boa xente que somos, un bico e un abrazo a quen está ao noso carón. 

Moitos bicos e abrazos para ti, Fina, que estarás sempre no noso corazón !

 

18/06/14

VISITA DE FINA CASALDERREY

O encontro con Fina Casalderrey foi o colofón de luxo para o proxecto "Escribir e ler para ser competentes" no que estivemos a traballar durante todo o curso, partindo da súa obra Ás de mosca para Anxo
Moitas grazas, Fina, polas túas palabras, pola túa presenza e, sobre todo, polo teu ánimo !!  
Es un modelo para tod@s nós !!

(Pinchade na imaxe para acceder a máis información)



VISITAS