Amosando publicacións coa etiqueta MÚSICOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MÚSICOS. Amosar todas as publicacións

18/05/17

CHEA DE VIDA

Mil nen@s cantan en Navantia "CHEA DE VIDA" de Pachi García, 
con Guadi Galego e Guille Fernández, 
dirixid@s por Ramón Bermejo.

FERMOSA INICIATIVA !

PRECIOSO RESULTADO !

28/05/15

GRUPO DE DANZAS AMOR RUIBAL

     O venres 15 de maio tivemos unha sesión de música especial a cargo do mestre Andrés Lorenzo, director do Grupo de Danzas Foklórico Amor Ruibal. Este grupo fundouse hai 33 anos no noso colexio a partires dunha actividade programada pola ANPA de entonces. Andrés veu acompañado de Gonzalo Negreiro, que pertence ao grupo dende os seus comezos. Tamén estivo Nerea Búa (exalumna do centro) e Sonia Martínez, a súa nai, que levan no sangue a paixón pola música tradicional.
     Andrés presentounos a evolución dos instrumentos galegos ao longo do tempo, dende a Antigüidade ata a actualidade: materiais empregados na súa construción, formas, tamaños, xeitos de tocalos e ritmos coma muiñeiras, xotas, pandeiradas ou valses. 
   Pandeiros, pandeiretas, tambores, tamboriles, caixas, bombos, gaitas, frautas, cunchas, latas, acordeón, clarinete e outros instrumentos foráneos foron desfilando diante dos nosos ollos guiados polo son do mestre que ía explicando e tocando un por un. Incluso, ao final, tocou cunha gaita feita por el mesmo, acompañado por Nerea (pandeireta), Gonzalo (tamboril) e os nosos compañeiros Álvaro e Manuel (bombos).

     ¡ ¡ ¡ Unha auténtica marabilla ! ! !      ¡ ¡ ¡ Non perdemos detalle ! ! !

     ¡ ¡ ¡ Moitísimas grazas ! ! !













05/05/14

ESA LUS, CANCIÓN PARA DÍAZ CASTRO

O IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz agasállannos con esta pegadiza adaptación:

        

CON DÍAZ CASTRO

O poeta Xosé María Díaz Castro é o autor homenaxeado este ano co Día das Letras Galegas. Paco Nogueiras ríndelle homenaxe con esta canción:


 

23/12/13

BANDA XUVENIL DE BARRO

A compañeira Miriam de 6º A adicou no seu blogue unha entrada aos músicos Manuel Fariña e Esteban Outón da Banda Xuvenil de Barro, que tiveron a xenerosidade de adicarnos unha mañá para explicarnos moitas cousas sobre os instrumentos de vento metal e, o mellor de todo, poder probalos:

http://miripa27.blogspot.com.es/2013/11/bombardino-trompa-e-trompeta.html#gpluscomments

E, neste video, podemos atopar unhas pinceladas que nos axudan a rememorar os encontros musicais con que nos agasallan os músicos da nosa Banda.

MOITAS GRAZAS!!


 

26/11/13

A LIFESTORY

Fermoso viceoclip instrumental da banda madrileña Indoven (violín, violoncelo, frauta, contrabaixo, teclado, voces):

22/11/13

CANTATA VERNÁCULA: O ROUBADOR

     Unha achega musical simpática e orixinal a cargo do dúo CANTATA VERNÁCULA integrado por SUSO VAAMONDE e XOÁN PORTO. 
     Nós xa tivemos o privilexio de ver en vivo e en directo a Suso pois estivo no colexio en dúas ocasións para agasallarnos cunhas fermosas pezas de música tradicional ao mesmo tempo que ofreceu amenas explicacións de todos os instrumentos que trouxo (o frautín ou pínfano, a frauta, as tarrañolas, a trompa, a zanfona, a pandeireta, o acordeón, a familia de ocarinas, o asubío, o tamboril e a gaita). Incluso puidemos escoitar unha frauta feita cun tubo de plástico! E que ben soaba!! E vos acordades da castañeta feita cun anaco de cana? Doada de facer e de tocar, a que si?
     MOITAS GRAZAS pola boa música ! ! !  

      

VISITAS