Amosando publicacións coa etiqueta DÍA DO LIBRO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DÍA DO LIBRO. Amosar todas as publicacións

23/04/21

Muíños de vento

Hoxe, 23 de abril, celébrase o Día Internacional Do Libro. Esta data representa un día simbólico para a literatura xa que un 23 de abril de 1616 faleceron grandes escritores, entre eles Miguel de Cervantes.

Por iso, o alumnado de 5º e 6º de Primaria estivo coñecendo datos curiosos sobre a súa vida e principal obra. Logo, cos datos recollidos, crearon uns fermosos muíños de ventos.

Sabiades que, despois da Biblia, Don Quijote de la Mancha, é o libro máis lido da historia? Ou que Miguel de Cervantes foi escravo durante 5 anos en Argel?

Esperamos que estes datos vos soprendan tanto como a nós. 

                                            FELIZ DÍA DO LIBRO!





26/04/19

QUE BONITO AGASALLO!

Hoxe recibimos na nosa aula de 6º B a visita dos nenos e nenas de 4 anos B.

Acompañados da súa titora, a profe Dori, viñeron traernos uns debuxos que cada un deles fixeran para nós con Ana, a profe de apoio, como agasallo polo moito que lles gustou que foramos os seus padriños e madriñas lectoras.

Fixemos unha foto dese agasallo tan bonito. 


Moitísimas grazas!

25/04/18

DÍA DO LIBRO

      O día 23 de abril de 2018, os alumnos e alumnas de 6º fomos ler uns libros aos nenos e nenas de 1º A de primaria (fixemos de padriños e madriñas de lectura). Toda primaria participou: cadaquén cos seus afillados e afilladas. Cada un e cada unha de nós lémoslle un conto a un neno ou nena. Ao rematar, fixémoslles preguntas sobre o libro e sabíanas todas; notouse que estiveron moi atentas e atentos. Pasámolo moi ben!

23/04/17

DÍA DO LIBRO

     Hoxe celébrase o Día do Libro e, con tal motivo, queremos compartir con tod@s vós un vídeo da actividade "padriños e madriñas lector@s" desenvolvida no colexio o pasado venres.

     Atoparédelo no blog da nosa Biblioteca:

FELIZ DÍA ! ! ! 



22/05/16

APADRIÑAMENTO LECTOR

     Énchenos de emoción experimentar a hora de ler tendo nas nosas mans un bo libro e á nosa beira un cativo ou cativa á espera de vivir unha apaixonante aventura.

     Un auténtico agasallo!




VISITAS