Amosando publicacións coa etiqueta EUROPA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta EUROPA. Amosar todas as publicacións

09/05/22

UNIDOS NA DIVERSIDADE

No Día de Europa compartimos hoxe unhas imaxes produto do fantástico proxecto de investigación desenvolvido polo alumnado de 6º de Primaria sobre a historia da Unión Europea e os 27 países que forman parte dela.

UNIDOS NA DIVERSIDADE !



17/12/20

Ciencias divertidas!

Para traballar os contidos deste trimestre nas áreas das Ciencias da Natureza e Ciencias Socias, dun xeito máis divertido e dinámico, o alumando de 6º creou estes vistosos traballos.

Porque a mellor forma de aprender sempre é divertíndose! 






15/06/19

PROXECTO UNIÓN EUROPEA

Neste último trimestre, en 6º curso estivemos investigando sobre os diferentes países que compoñen a Unión Europea.

Primeiro, fixemos as bandeiras do país que nos tocou investigar coas que adornamos o noso corredor.


                          
  
Para a recollida de datos, seguimos un guión que nos facilitaron as nosas titoras Maika e Pilar e realizamos un traballo de investigación que deu como resultado unha guía turística.


Preme no seguinte enlace se queres botarlle unha ollada.

Ademais, para dar a coñecer as nosas investigacións, expuxémolas ante o alumnado de 5º curso.





E, como colofón deste proxecto, aprendemos e interpretamos, coa axuda e colaboración da profe Claudia, o Himno Europeo, que ten a súa orixe na Novena Sinfonía composta en 1823 por Beethoven, que decidiu poñer música á `Oda á Alegría´ escrita por Schiller en 1785.


A verdade é que aprendemos moito!


04/12/18

QUERES SABER MÁIS SOBRE A XEOGRAFÍA DE EUROPA?

Para que sigades practicando ou ampliando os vosos coñecementos sobre Europa, propoñémosvos un portal sobre a xeografía europea: Toporopa.

(Preme no nome do portal ou na imaxe para acceder á páxina)

Alí atoparedes moitos xogos, puzzles, pasatempos e mapas sobre os países, os ríos, os sistemas montañosos, as bandeiras, as capitais ou as illas de Europa.

Animádesvos a botar unhas partidas?


10/11/18

PAÍSES DA UNIÓN EUROPEA (de 1957 a 2007)

Xa que en 6° andamos a estudar os 28 países que actualmente forman parte da Unión Europea, aquí vos deixamos un GIF que nos ilustra perfectamente os países europeos que ao longo dos anos formaron e forman parte de U.E. xunto co ano da súa incorporación. 

Seriades quen de saber cal é o ano de incorporación de cada un? Animádevos!


O último país en incorporarse foi Croacia, o 1 de xullo do 2013.

Se queredes saber algo máis de cada un deles, podedes consultar o seguinte enlace:

http://www.hablamosdeeuropa.es/panorama/miembros/

25/09/13

DÍA EUROPEO DAS LINGUAS

Dende o ano 2001 celébrase cada 26 de setembro o Día Europeo das Linguas. Bótalle unha ollada a esta páxina. Ten propostas moi interesantes: 


06/06/13

A HIDROGRAFÍA DE ESPAÑA E EUROPA

Elementos da hidrografía, os ríos, a influencia do clima nas reservas de auga e vexetación, e a xeografía hídrica de España e de Europa:


VISITAS