Amosando publicacións coa etiqueta PREVENCIÓN DROGODEPENDENCIAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PREVENCIÓN DROGODEPENDENCIAS. Amosar todas as publicacións

27/03/21

Obradoiro prevención.

O alumnado de 6º participou nun interesante programa de Entrenamento en Habilidades Sociais e nun obradoiro de Prevención dos riscos e mitos do alcol e tabaco, promovidos polo Concello e impartidos pola psicóloga Julia Búa.

Esperamos que esta información recibida lles sirva para tomar conciencia das consecuencias que estas drogas poden causar nas súas vidas.

Moitísimas grazas a Julia por facer estes obradoiros tan interesantes!



18/11/18

TERCEIRA SESIÓN DOS TALLERES DE HABILIDADES SOCIAIS E PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS

CHEGOU A HORA DOS COMBINADOS DE FROITAS!!

A pasada semana o alumnado de 6º divertímonos moito na última sesión do taller de habilidades sociais e prevención de drogodependencias impartido por Julia Búa.
Elaboramos diferentes combinados con froitas de tempada, auga, zume e sirope.


Encantounos! Estaban boísimos e ademais son moi sans!!


08/11/18

SEGUNDA SESIÓN DOS TALLERES DE HABILIDADES SOCIAIS E PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS

Onte, 7 de novembro, os chicos e chicas de 6° de Primaria tivemos a segunda sesión dos talleres de habilidades sociais e prevención de drogodependencias que Julia Búa está a desenvolver co alumnado do noso colexio.

Comezamos a sesión como náufragos escollendo tres obxectos que nos axudarían a sobrevivir nesa illa na que agora nos atopamos.


A continuación, traballamos en grupos e descubrimos como outras persoas inflúen nas decisións que tomamos. 



Por iso é tan importante defender as nosas crenzas e valores ante a presión grupal e buscar entre todos e todas a mellor solución aos nosos problemas.



Tamén falamos sobre as drogas e, en concreto, sobre o tabaco e os efectos nocivos, tanto inmediatos como á larga, que pode ter na nosa saúde. 


Estas sesións están resultando tan interesantes que estamos desexando que chegue a próxima. 

Que nos terá preparado Julia para a vindeira semana?? 

06/11/18

TALLER DE HABILIDADES SOCIAIS E PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS

Hoxe, 6 de novembro, o alumnado de 6° de Primaria recibiu a Julia Búa, técnica en prevención de drogodependencias, que durante varias sesións vai desenvolver connosco un taller de habilidades sociais e prevención de drogodependencias.


Comezamos cubrindo nun cadrado aspectos positivos de cada un de nós, que nos serviron para presentarnos a Julia e para dármonos conta que, ás veces, é máis sinxelo dicir cousas positivas d@s nos@s amig@s ca de nós mesm@s.


A continuación falamos das habilidades sociais e dos tres tipos básicos de comportamento (pasivo, activo e agresivo).
Julia demostrounos dun xeito práctico como, en ocasións, algo tan sinxelo como pedir un bolígrafo a un compañeiro ou compañeira pode facernos sentir ben ou mal dependendo da contestación que recibamos, e relacionando esta situación cos tres estilos de comunicación.


Para rematar esta primeira sesión introdutoria, presentounos unha situación dun naufraxio e tivemos que escoller tres obxectos que nos axudarían nesa illa que agora nos atopamos.



Estamos desexando que volva mañá...

Foi moi interesante!!


06/03/18

MELLOR PREVIR QUE CURAR

      O día 27 de febreiro con Julia Búa Núñez, técnica en prevención de drogodependencias e coa cofinanciación da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, fixemos actividades sobre a prevención de malos hábitos como son as drogas: tabaco e alcol.

Vimos un vídeo sobre o malo que é fumar e que pode provocar enfermidades, como o cancro de pulmón.


O día 28 de febreiro, para rematar o obradoiro, fomos ao comedor e falamos sobre o alcol.

    Falamos sobre as bebidas malas e boas para o corpo. Logo fixemos cócteles sen alcol e invitamos ao alcalde e ao director a probar  os nosos cócteles. Un pracer Julia!!!    

                                             Alumnado de 6º.


                                                                             

18/11/16

CLAUSURA DOS TALLERES DE HABILIDADES SOCIAIS E PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS

     Hoxe, @s alumn@s de 5º tivemos con Julia o último taller de Habilidades Sociais. Tiñamos que debuxarmos a nós mesm@s e @s compañeir@s tiñan que describirmos cunha condición: soamente podían dicir cousas positivas.
     Foi chulísimo ! Se educamos a nosa mirada para aprender a ver o bo que teñen @s demais, será máis sinxelo levarmos ben, a vida pareceranos máis bonita e seremos moitísimo máis felices.


     Como era o último día, achegáronse á nosa aula Abraldes, o alcalde, e Rafa, o director. E, como tiñan interese en saber o que fixeramos ao longo de todas as sesións, falamos con eles do que lemos, debuxamos, escribimos e debatemos sobre as emocións, a autoestima, a empatía, o respecto ás diferenzas ou como solucionar problemas dun xeito pacífico.


    Os talleres estiveron xeniais. Logo de cada unha das sesións, sentiámonos como máis alegres. Claro que axudou moito o feito de que Julia é moi simpática e cariñosa, e explica as cousas moi ben.

MOITÍSIMAS GRAZAS ! ! !


     En 6º traballamos con Julia cuestións como o valor da autoestima, os tipos básicos de comportamento (pasivo, positivo, agresivo), a importancia de relacionarmos dun xeito positivo (que é o saudable) evitando comportamentos pasivos ou agresivos, a presión grupal (saber dicir "non"), a resolución pacífica de conflitos ou os riscos do alcol e do tabaco para a saúde física e mental.

     Julia animounos sempre a falar e a participar. A verdade é que tod@s colaboramos a tope e, tamén, rimos moitísimo. Sobre todo hoxe que, por ser a última, tivemos unha sesión especial. 
     Distribuídos en catro grupos, elaboramos cócteles (sen alcol, claro), seguindo as instrucións de Julia. Sentiámonos coma se estiveramos en MasterChef.


     Foi sensacional ! Por dúas razóns principais:
  1. Era o cumpre de Pilar, a nosa titora. (Que ben o celebramos !)
  2. Viñan Abraldes, o alcalde, e Rafa, o "dire", pois querían probar os nosos cócteles e falarmos do importante que é saber divertirse sen fumar nin beber alcol.

    Antes de despedirmos, brindamos á saúde de tod@s: "Chin, chin".



MOITÍSIMAS GRAZAS ! ! ! 

     Nota para Julia: Se les isto, que saibas que esperámoste ver no Instituto. 


28/10/16

INAUGURACIÓN DOS TALLERES DE HABILIDADES SOCIAIS E PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS

     Hoxe inauguráronse no colexio os talleres de Habilidades Sociais en 5º e Prevención de Drogodependencias en 6º, promovidos polo Concello en cooperación coa Consellería de Sanidade.



     Ao longo de catro sesións semanais, a psicóloga Julia Búa traballará co alumnado aspectos tan importantes como a autoestima, a empatía, a intelixencia emocional, o bullying, a presión grupal, o uso seguro de Internet ou a sensibilización sobre os riscos do consumo do alcol e do tabaco.
     O obxectivo é claro: Contribuir á saúde e benestar d@s nos@s chic@s e das persoas coas que se relacionan.

VISITAS