Amosando publicacións coa etiqueta SAMAÍN. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta SAMAÍN. Amosar todas as publicacións

31/10/23

SAMAÍN NO 3º CICLO

Un ano máis volve a data máis terrorífica do ano e os/as maiores do cole preparámonos para a ocasión! Ademais de sacar o noso mellor disfrace, decoramos as aulas e os corredores coas personaxes máis coñecidas do Samaín: bruxas, pantasmas, esqueletos, vampiros... 

Aquí vos deixamos unha pequena mostra das nosas creacións. Animádesvos a velas?

🎃 Pasámolo de medo! 🎃

08/11/20

I Samaín da COVID

Neste ano tan raro que nos tocou vivir, chegamos ao tempo do Samaín!

E aínda que non puido ser como de costume, nas aulas de 5º de Primaria non quixemos deixar pasar a oportunidade de celebralo, e así o fixemos: disfrazándonos, inventando historias de medo e conxuros, facendo monstruosos debuxos en 3D,...

Servan estas fotografías como mostra dos nosos traballos.






Que as desfrutedes!!

01/11/18

POEMAS DE MEDO

Durante o tempo do Samaín, o alumnado de sexto curso estivemos traballando os "poemas".

Neste caso cada un de nós compuxemos un pequeno poema de medo que vos ensinamos na seguinte recompilación:



AGARDAMOS QUE NON TREMADES DE MEDO!!

01/11/16

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN/HALLOWEEN

   Ao longo da semana pasada fixemos unha chea de actividades relacionadas coa Biblioteca, o Samaín e o Halloween: investigación destas conmemoracións, lecturas, carteis de animación á lectura, obradoiros para @s peques (contacontos, marcapáxinas, cancións, coreografías, maquillaxe), talleres artísticos para decorar as aulas e os corredores . . 


     E, co festeir@s que somos, rematamos o venres disfrazad@s e moi animad@s para interpretar Samaín de Jesús Pareja e Knock, knock de Super Simple Songs.

       Queredes botar un ollo e ver o ben que o pasamos? 
       Entrade, entrade; estades convidad@s:






30/10/16

VOLUNTARIADO NO MES DA BIBLIOTECA

     Ao longo do mes de outubro @s chic@s de 5º e 6º principiamos o noso voluntariado na Biblioteca do colexio cun gran espírito colaborador e de axuda mutua, mergullándonos en actividades como:
  •   Funcionamento do autoempréstito.
  •  Colocación de documentos.
  •  Supervisión de andeis.
  • Organización de obradoiros: Monstruosos marcapáxinas, maquillaxes terroríficos e contacontos de medo.


     Máis información, no blog da Biblioteca:

      



28/10/14

A CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

Que é o Samaín? En que consiste? Por que se celebra na noite do 31 de outubro?
Investigámolo?
Aí vai un adianto:


24/10/14

CANTIGA DO SAMAÍN

      A cantiga SAMAÍN de Jesús Pareja, cantada por Andrea Picos, está pegando forte no noso colexio:

 

       Cando preguntamos as razóns de semellante exitazo obtemos respostas como as seguintes:
  • Porque ten unha letra moi completa.
  • Porque ten moito ritmo.
  • Porque ten un retrouso moi pegadizo.
  • Pola doce voz de Andrea Picos.
  • Porque resulta moi agradable ó oído.
  • Porque ao escoitala, non podo evitar mover o meu corpo e iso faime sentir ben.
  • Porque queda metida dentro sen querer.
  • Porque é moi melódica.
  • Porque faime sentir coma se estivera no berce, arrolada pola suave voz de Andrea Picos.
  • Porque a letra fala de moitas cousas do Samaín.
  • Porque é fácil de aprender.
  • Porque é inspiradora.
  • Porque ten unhas imaxes tenebrosas moi ben escollidas. 
  • Porque a cantante ten unha voz engaiolante.
  • Porque a letra describe moi ben a nosa festa do Samaín.
  • Porque me parece moi melodiosa.
  • Porque expresa moitas cousas do Samaín.
  • Porque é agradable de escoitar.
  • Porque está todo ben conxuntado: voz, ritmo, letra, melodía e imaxes.
       E a ti, gústache?     Por que?

VISITAS