Amosando publicacións coa etiqueta IGUALDADE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta IGUALDADE. Amosar todas as publicacións

11/12/25

CHARLA DE CONDUTAS ADITIVAS

O alumnado de 6º asistiu a varias sesións ao Programa de Prevención de Condutas Aditivas que se imparten de forma conxunta nos Concellos de Barro, Cuntis, Campo Lameiro. Moraña e Portas.

Nela recordamos conceptos como autoestima e autocepto, pero tamén aprendemos a previr condutas de risco relacionadas co consumo de tabaco e substancias daniñas, así como do uso das TRIC. 



😀 Grazas Julia por todo o que nos ensiñaches! 😀

24/11/25

ACTIVIDADE: "HAI SAÍDA GRAZAS A TI"

O pasado luns, o alumnado de sexto participou na actividade "Hai saída grazas a ti". Esta actividade consistiu en introducilos nos conceptos relacionados coa violencia de xénero e como esta se "normaliza" en música, series, publicidade, redes sociais... Por iso, a través de curtas e dinámicas participativas e colaborativas, aprenderon a como deben ser as relacións sás.

Aquí tedes unha pequena mostra do que traballamos! Grazas ao Ana por todo o que nos ensiñaches! 💜


11/02/23

CIENTÍFICAS: PASADO, PRESENTE E FUTURO

Para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, o alumnado de 6º de Primaria traballou o cómic ´Científicas: Pasado, presente e futuro´ ilustrado por Raquel Gu e adaptado a persoas que usan lectores de pantalla grazas á ONCE, coa creación e recreación dun fermoso mural colectivo como produto final.


"A ciencia do futuro ten que ser
feminista, integradora e humanista".

(Raquel Yotti, médica cardióloga española)

19/02/22

NON HAI FRONTEIRAS PARA O AMOR

O alumnado de 5º de Primaria festexou o 14 de febreiro con palabras cheíñas de amor, coas que crearon unhas fermosas postais, froito das súas investigacións e reflexións sobre o amor, a igualdade, a inclusión. 

Tras todo este arduo traballo, chegaron á conclusión de que o amor e o respeto van collidos da man.


12/03/19

# VIOLENCIA ZERO

Alumnado de 5º e 6º de Primaria do CEIP Amor Ruibal e alumnado do IES de Barro asistimos onte, na Nave da Música do Concello, a unha actividade do programa Mulleres en Acción. Violencia Zero da Deputación de Pontevedra.

  


Primeiro, vimos un vídeo con diferentes intervencións educativas relacionadas coa violencia contra as mulleres, que son o 52% da poboación.


Logo, mozas e mozos do público saímos ao escenario para ler en alto datos do Ministerio do Interior sobre a violencia machista e as agresións sexuais rexistradas no 2018 e no que levamos do 2019. Impactounos terriblemente!!!


Foi moi interesante o momento en que Teresa Búa e Antón escolleron a rapaces e rapazas para lles pór saias. Deunos a risa pero tamén nos fixo pensar que, ao igual que as mulleres levan pantalóns, por que os homes non poden levar saia?


A performance gustounos moito porque nela estabeleceuse a diferenza entre a realidade, tal e como a vivimos, e o ideal, como nos gustaría vivir. Todas e todos temos os mesmos dereitos na teoría, pero na práctica, non. Nós, as mozas e mozos, somos, como ben dixo o alcalde, o futuro e queremos vivilo con igualdade, liberdade e respeto.


Conseguirémolo ! ! !

Pontevedra Viva recolleu así a noticia:



09/05/18

DANZA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

O alumnado de 5º e 6º de Primaria, xunto con alumnado do IES de Barro, asistimos o pasado 24 de abril a unha actividade de danza contemporánea que leva por título A solas, creada e protagonizada por Amparo Novas coa música de Myriam Cortizo. É unha coreografía para sensibilizarmos contra a violencia machista e a favor da igualdade de xénero.

A actividade, promovida polo Concello de Barro, tivo lugar na Nave da Música e enmárcase dentro do programa "Mulleres en Acción: Violencia Zero" da Deputación de Pontevedra.

Podemos ler a nova na prensa:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2018/04/25/danza-reivindicativa-amparo-novas/0003_201804P25C11998.htm









17/11/17

SON MULLER

     A canción Son muller interpretada polo grupo Máis boas cás patacas resultou gañadora no  certame Quero cantar convocado pola Deputación da Coruña.

     Parabéns !





25/11/16

25N: UNHA MIRADA POSITIVA

"HAI PALABRAS DOCES
HAI PALABRAS SALGADAS
HAI PALABRAS SILENCIOSAS
HAI PALABRAS ESQUECIDAS
HAI PALABRAS FERINTES
HAI PALABRAS ASASINAS

AS PALABRAS TEÑEN O PODER DE CAMBIAR O MUNDO

AS PALABRAS SORRÍN, MENTEN, PROMETEN, RACHAN . . . 
OU REPARAN

VIVAMOS AS PALABRAS QUE REPARAN:

LIBERDADE, EMPODERAMENTO, RESPECTO, SORRISOS, IGUALDADE. . . 

V I D A"





08/03/16

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: 8 DE MARZO

     Ao longo da Historia as mulleres fixeron extraordinarias aportacións á sociedade. Algunhas son moi coñecidas, outras menos, pero todas foron precursoras. O seguinte enlace ofrece unha selección destas mulleres e unha achega da realidade que aínda hoxe en día viven moitas mulleres e nenas de todo o mundo.


VISITAS