Amosando publicacións coa etiqueta VÍDEOS COLEXIO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta VÍDEOS COLEXIO. Amosar todas as publicacións

28/07/17

GRADUACIÓN 2017

     Escolma fotográfica do acto de Graduación e entrega de orlas ao alumnado de 6º curso de Educación Primaria, amenizado pola Banda da Escola de Música de Barro, dirixida por Alberto Busto.

Parabéns !

Boa andaina no IES !



12/07/17

ENTREGA DO IX PREMIO MIMI A MIGALLAS

     María Campos e Carlos Yuste, de MIGALLAS teatro, recibiron con moitísima ilusión o IX Premio MIMI nun acto protagonizado a mar de ben polo alumnado de 5º curso de Primaria, onde non faltaron risos, bailes nin, por suposto, cancións.


Un día inesquecíbel !

       Se premedes no enlace seguinte, atoparedes no blog da nosa Biblioteca un vídeo chulísimo do evento:



16/06/17

CURTA "NÓS APOSTAMOS POR COMPOSTAR"

     No marco do proxecto BARRRO.COM, o alumnado de 6º de Primaria ideou e realizou a curta NÓS APOSTAMOS POR COMPOSTAR na que colabora persoal do comedor, alumnado e profesorado de distintos cursos de Educación Infantil e Primaria do colexio.

     Consta de dúas partes diferenciadas: 
  • A primeira aborda as cuestións básicas da compostaxe.
  • Na segunda pódese ver unha das patrullas verdes en acción.

15/06/17

PRESENTACIÓN DO PROXECTO BARRRO.COM

     O día 9 de xuño @s alumn@s de 6º presentamos na Nave da Música do Concello o proxecto BARRRO.COM que desenvolvemos ao longo do curso, centrado nos 3 ERRES (Reducir, Reciclar, Reutilizar) e na COMpostaxe. Este traballo enmárcase no PDI (Proxecto Documental Integrado) "BARRRO" que MIMI, a mascota da nosa Biblioteca, presentou na conmemoración do Día da Ciencia en Galego.



    Ao acto asistiu alumnado e profesorado do colexio e do IES, José Sanmartín (tenente de alcalde e concelleiro de Servizos e Obras), Quique Pintos (mestre composteiro de Barro), Manuel Fariña (apoio técnico) e familiares nosos.



      Este foi o power point que utilizamos na presentación:

     Como colofón do acto, o grupo musical "A GALLOFA DO IES E CEIP DE BARRO", integrado por chic@s do instituto máis nós, interpretou en vivo e directo a cantiga orixinal "Reciclar é xenial".



   Repartimos, tamén, folletos informativos sobre as cuestións básicas da compostaxe entre toda a comunidade educativa do Concello (colexio e IES). Podedes acceder á súa versión dixital neste mesmo blog, na entrada anterior.

     Por cortesía do Concello, instalouse no fondo da Nave da Música un posto do "Plan Revitaliza. Apúntate á Compostaxe" da Deputación Provincial de Pontevedra, e José Sanmartín e Quique Pintos agasallaron á saída cunhas bolsiñas de compost.



     Moitas foron as persoas e entidades que colaboraron con nós para desenvolver este proxecto. Reiteramos os nosos agradecementos a todas elas:
  • Concello de Barro, Deputación de Pontevedra, CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia), Amigos da Terra, Urbaser, Voz Natura.
  • Alumnado e profesorado do IES e CEIP Amor Ruibal de Barro.
  • E, por suposto, ás nosas familias.
     

25/05/17

RESOLUCIÓN DO CONCURSO DE CARTEIS "BARRRO"

     Logo dunha longa e dificilísima deliberación, o xurado deu a coñecer a resolución do concurso de carteis do noso proxecto de centro "BARRRO".

     A nosa compañeira de 5º, ALBA VILLAR CRUGEIRAS, é a creadora do cartel gañador.

BRAVÍSIMO, ALBA ! 


     ALBA BESADA LOUZÁN e CELIA POMBO PINTOS, compañeiras de 6º, quedaron finalistas con este cartel:


BRAVÍSIMO, ALBA E CELIA ! 

     No blog da nosa Biblioteca podedes ver un vídeo con todos os carteis premiados: 


AUTÉNTICAS OBRAS DE ARTE !

PARABÉNS ! 

https://oblogdemimi.blogspot.com.es/2017/05/resolto-o-concurso-de-cartaces-barrro.html

MOITÍSIMAS GRAZAS A TOD@S POLA VOSA PARTICIPACIÓN ! ! !

SIGAMOS CREANDO ! ! !        SIGAMOS AVANZANDO ! ! !

06/04/17

CANDIDATURA GAÑADORA DO IX PREMIO MIMI

     No blog da nosa Biblioteca podedes ler e ver un vídeo resumo do proxecto IX Premio MIMI ao Persoeiro do Ano desenvolvido polo alumnado de 5º curso de Primaria coa exposición de candidaturas, votación, reconto e proclamación da candidatura gañadora:



PARABÉNS ! ! !

31/03/17

SEMANA DA POESÍA

     Na semana do 21 de marzo (Día da Poesía) desenvolvemos actividades centradas no centenario de Gloria Fuertes e a nosa participación no concurso "Micropoemas Terras do Umia" coa entrega de agasallos @s alumn@s finalistas no noso centro, con mención especial @s que souberon reflectir moi ben nas súas creacións o espírito do noso proxecto "BARRRO". Como "billa" era a palabra clave dos micropoemas, coa redacción, ilustracións e posterior lectura dos mesmos conmemoramos, tamén, o Día da Auga (22 de marzo).

   Podedes ampliar a información no blog da nosa Biblioteca onde atoparedes fotos e un vídeo resumo dos momentos máis significativos:



PARABÉNS A TOD@S ! ! !

SIGAMOS CREANDO ! ! !       SIGAMOS AVANZANDO ! ! !


28/03/17

MULLERES NO TEMPO

     No marco da conmemoración do 8M, Día Internacional da Muller, todo o alumnado de Primaria acudiu ao Salón de Actos da Biblioteca Pública cun dobre obxectivo: Ver a exposición fotográfica "Imaxes no tempo" e asistir ás charlas "Mulleres no tempo" impartidas por Sofía, María, Maruja e Elena, algunhas das propietarias das fotografías expostas.
     
     Premendo o seguinte enlace podedes ampliar a información e atoparedes un vídeo resumo das interesantes xornadas.



MOITÍSIMAS GRAZAS ! ! !


06/03/17

ENTROIDO 2017

     Se queredes ver o vídeo - resumo da nosa semana de Entroido, premede no seguinte enlace:


Que ben o pasamos ! ! !




LEMBRANZAS DE ENTROIDO

     O deste ano foi o último Entroido do alumnado de 6º no colexio. Botando a vista atrás, mirade o que atopamos:




28/02/17

CORRIDA DO GALO

     Participar na CORRIDA DO GALO desenvolvida no colexio foi un xogo tan estimulante coma divertido.

     Premendo no seguinte enlace, veredes un vídeo - resumo desta tradición do noso Entroido:



20/02/17

O AMOR

     No seguinte enlace podedes atopar un vídeo - resumo das actividades desenvolvidas na Biblioteca relacionadas dun modo moi especial coa paz e co amor, dous tesouros máis prezados ca todo o ouro do mundo:




09/02/17

DÍA DA PAZ 2017

     O día 30 de xaneiro conmemoramos no colexio o Día da Paz. Como chovía e non cabiamos tod@s no ximnasio, fixemos dúas quendas: Antes do recreo, o alumnado de Educación Infantil coas súas profes, e despois do recreo, toda a Primaria. Nós, @s chic@s de 5º e 6º, tivemos o privilexio de participar as dúas veces.

     A cantiga que eleximos este ano foi Bajo el mismo sol de Álvaro Soler. Nas clases de música montamos unha coreografía chulísima coas ideas que xurdiron en todos os cursos (dende 1º ata 6º) e ofrecímonos para ensinala @s máis pequerrech@s do cole. Por iso cantamos e bailamos con el@s.

     E, antes de cantar e bailar c@s demais nen@s de Primaria, fixemos unha performance a partires da reflexión de palabras pacíficas que recollemos nesta nube:


     Se premedes no seguinte enlace, accederedes ao blog da nosa Biblioteca, onde podedes ver uns vídeos  cunha escolma fotográfica da conmemoración:


05/02/17

OBRADOIRO TRANSFORMA: VÍDEO DA 1ª SESIÓN

     No seguinte enlace podedes acceder ao vídeo - resumo da 1ª xornada dos obradoiros TRANSFORMA II que Sheila García Prado está a impartir no noso centro para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria da que falamos en entradas anteriores:



UN PRACER, SHEILA ! ! !

20/12/16

XOGO DE PISTAS NA BIBLIOTECA PÚBLICA

     Na Biblioteca Pública do Concello participamos por equipos nun xogo de pistas moi divertido chamado "Quen é quen?" para descubrir a identidade de escritores e escritoras. 
     Se premedes na imaxe podedes acceder ao blog do proxecto onde atoparedes todas as pistas do xogo. Animádevos!


     E no blog da nosa Biblioteca tedes un vídeo-resumo cunha chea de fotografías das actividades desenvolvidas na Biblioteca Pública da man de Pili e Sheila. 

     Premede aquí e gozade: 



27/11/16

VÍDEO DO 25N

     Vídeo-resumo dos momentos máis significativos da concentración e das actividades desenvolvidas na nosa Biblioteca co motivo da conmemoración do 25N.

Máis información no blog da Biblio:





 EN BARRO, Á VIOLENCIA DE XÉNERO DICÍMOSLLE : STOP ! ! !

30/10/16

VOLUNTARIADO NO MES DA BIBLIOTECA

     Ao longo do mes de outubro @s chic@s de 5º e 6º principiamos o noso voluntariado na Biblioteca do colexio cun gran espírito colaborador e de axuda mutua, mergullándonos en actividades como:
  •   Funcionamento do autoempréstito.
  •  Colocación de documentos.
  •  Supervisión de andeis.
  • Organización de obradoiros: Monstruosos marcapáxinas, maquillaxes terroríficos e contacontos de medo.


     Máis información, no blog da Biblioteca:

      



VISITAS