Amosando publicacións coa etiqueta TERCEIRO CICLO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta TERCEIRO CICLO. Amosar todas as publicacións

03/06/26

SAÍDA AO ECOPARQUE ATALAIA

O primeiro día de xuño, o alumnado de 5º e 6º realizou unha saída didáctica ao Ecoparque Atalaia para gozar dun día de convivencia e aprendizaxe neste lugar ubicado nunha contorna natural de bosque caducifolio á beira do río Lérez.

Tras o traxecto en bus, o primeiro que tiveron que facer foi orientarse para chegar ao lugar e coller moitas forzas para a aventura que ían ter por diante. Unha vez repartidos en grupiños mesturados por idades, comezaron as actividades: paintball, kaiak polo río, tirolina e xogos ao estilo do Grand Prix. 

 🌳🏊 Queredes ver o ben que o pasamos? Dentro video! 🌳🏊

VISITAMOS O IES DE BARRO

O venres 29 de maio, o alumnado de 6º visitou o IES de Barro onde nos esperaban varios alumnos/as de 3º e 4ºESO. Nos explicaron o funcionamento e as instalacións (así como algún dato curioso) en tres linguas distintas: galego, inglés e francés. Ademais, reencontráronse con moitas e moitos compañeiros que  recordaron os bos momentos que pasaran no cole e todo o que estaban a aprender!


😀Moitas grazas por todo o que nos ensinastes!! Vémonos en setembro!!😀

03/02/26

SAÍDA AO TEATRO: "UNBOXING ALICE"

Hoxe, martes 3 de febreiro, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria acudiu ao auditorio de A Fundación para ver a obra de "Unboxing Alice". A obra narrada integramente en inglés busca "renovar" a historia de "Alicia no país das marabillas", engadindo elementos tan actuais como os Youtubers ou os videoxogos.

Aprendemos un montón de cousas e pasámolo en grande!  🐰🎭









24/11/25

PROGRAMA "MISTURA" E VISITA AO MUSEO

O martes 4 de novembro o alumnado de 5º e 6º de Primaria participou no programa de teatro para escolares de Afundación chamada "Mistura". Esta obra é un espectáculo audiovisual con música en directo que nos invita a poñer en práctica os nosos sentidos.

Tras a visita, fixemos unha paradiña para merendar na Praza da Ferrería e visitamos o 5º edificio do Museo Provincial de Pontevedra. Alí fixemos un percorrido polas estancias, facendo unha parada especial na Sala de Castelao, con motivo do seu ano. 



24/05/25

SAÍDA Á ILLA DE ONS

O venres 23 de maio o alumnado de 5º e 6º realizou unha saída didáctica á Illa de Ons para gozar dun día de convivencia e aprendizaxe neste singular paraíso que da Ría da Pontevedra. 

Despois de coller o bus, o primeiro que tiveron que facer foi esperar pacientemente ao barco que os levaría de paseo pola ría.


Unha vez que chegaron á illa, repuxeron forzas e as estupendas guías fixéronlles unha rota na que explicaron datos moi interesantes. Sabiades que os habitantes de Ons non teñen luz todo o día pero si un gran faro que alumea toda a ría? Coñeciades as especies da flora e da fauna propias da illa? Pois eles/as son uns auténticos expertos e expertas!


Despois de comer, estiveron xogando na praia. A pesar das queixas de que estaba algo fresquiña a auga, case todas e todos acabaron metidos nela! 


O paseo de volta tamén foi espectacular e ata a tripulación do barco puxo música. En resumo, 

🏝🛥 pasámolo xenial! 🌞🏖

28/05/24

SAÍDA DE FIN DE CURSO

O pasado xoves 23 de maio, as nenas e os nenos foron de excursión a Vigo para gozar dunha xornada de convivencia. A primeira parada foi "Humor amarillo" onde tiveron que realizar distintas probas nas que o pasamos en grande.

Tercer ciclo



Despois de repoñer forzas, visitaron a praia de Samil onde fixeron diferentes actividades e xogos deportivos. 

Pasámolo xenial!!!!

VISITAS