Neste tempo de confinamento, dúbidas, aplausos nas ventás e aulas
virtuais, o alumnado de sexto curso participou na elaboración dunha
poesía na que cada quen aportou o seu gran de area.
A primavera é unha das estacións na que máis desfrutamos da
paisaxe, porque hai máis horas de luz e podemos estar fóra, xogar e
estar un pouco máis libres.
Sen embargo, esta situación de confinamento durante o estado de
alarma non nos deixa desfrutar de todo destas sensacións.
Por iso, partindo dun vídeo sobre a técnica do puntillismo
publicado en aulasgalegas.org propuxemos ao alumnado de 6º curso que
debuxasen unha paisaxe de primavera utilizando esa técnica pictórica
e que aproveitasen o debuxo para describilo e indicar que sensacións
lle produce.
Un dos proxectos que vai ocupar parte das nosas investigacións este curso é o titulado
"BaRRRo: vivir e convivir"
Integrando contidos das áreas de Ciencias Sociais e Lingua Castelá e Galega, e contando coa colaboración das familias, iniciamos nas aulas de 6º curso as nosas investigacións para coñecer o noso entorno máis próximo.
Estas foron as primeiras conclusións.
Pareceunos moi interesante!!
Seguiremos investigando!!