Amosando publicacións coa etiqueta BECHOS RAROS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta BECHOS RAROS. Amosar todas as publicacións

29/05/16

MUSEO DE BECHOS RAROS

     Para facer máis atractiva a presentación dos nosos bechos raros ao resto do alumnado do centro, ocorréusenos elaborar unhas maquetas dos exemplares que iamos explicar. Así que puxémonos mans á obra e con arxila, madeira, la, cartón, pintura acrílica e materiais de reciclaxe como botellas e tapas de plástico, elaboramos unhas maquetas das que nos sentimos moi orgullos@s.



     Por último, confeccionamos un mural en papel continuo que titulamos "MUSEO: UN BECHO RARO". 

  
     A que quedou ben bonito?

     Sen dúbida, todo esforzo ten a súa recompensa.


23/05/16

CONECTA BECHOS RAROS

     O alumnado de 6º proxectamos a construción dun xoguete eléctrico para descubrir o nome dalgúns bechos raros. Fariamos un total de 6 xogos: Un por cada equipo de traballo. Aproveitando as fichas que elaboramos sobre bechos raros invertebrados, buscamos imaxes deles en diferentes artigos de revistas dixitais.
    Logo, coa axuda do ordenador, deseñamos o taboleiro do noso xogo seguindo unha plantilla que nos pasou a profe.
    O taboleiro pegámolo nunha caixa de cartón e despois cravamos uns encuadernadores ao lado de cada imaxe e de cada nome.
     Dándolle a volta ao taboleiro, unimos con cables cada encuadernador da imaxe coa súa parella do nome.
     Fixamos un portalámpadas ao taboleiro e un cable en cada extremo. Nun dos cables colocamos un clip que recubrimos parcialmente con fita adhesiva. O outro cable sería para unir cun dos extremos dunha pila. Ao outro borne da pila suxeitamos un cable con outro clip no seu extremo.


   E listo ! Así de sinxela e divertida foi a nosa experiencia como construtores dos xogos CONECTA.
      Quedaron moi chulos, a que si?


     Probámolos e . . . funcionaban ! Aínda pasamos un bo rato xogando entre tod@s.
   Como pensamos que poden ser recursos interesantes para outr@s alumn@s decidimos donalos á Biblioteca do centro e así darlles a oportunidade de aprender xogando e de xogar aprendendo como fixemos nós.
   

18/05/16

INVENTARIO DE BECHOS RAROS

     Nós, o alumnado de 5º e 6º curso, decidimos investigar ao longo do curso sobre algúns animais que nos parecían "raros". 
     En 5º curso centrámonos en animais vertebrados como a Pomba de Nicobar, o Mola Mola, o Delfín Rosa, o Peixe Xeo ou o Tiburón Duende. En 6º interesámonos por invertebrados como por exemplo o Porco de mar, o Verme Pompeia, a Mantis Orquídea, o Polbo Dumbo ou a Formiga Panda. Cada alumn@ investigou sobre o becho que lle tocou en sorte e seguimos as pautas recomendadas na WebQuest.
    Buscamos información na Internet, na Biblioteca do centro e nas bibliotecas das nosas casas.
     Cos datos obtidos elaboramos unha ficha co nome común, o nome científico, clasificación, dimensións, peso, descrición, distribución xeográfica, función de nutrición e función de reprodución.
    Con todas as fichas preparamos unha presentación audiovisual e elaboramos o libro que titulamos "INVENTARIO DE BECHOS RAROS". A versión en papel quedou na Biblioteca do centro.


     A versión dixital é a que vos presentamos a continuación.
     Esperamos que gocedes dun bo rato botándolle un ollo.

22/02/16

ENTROIDO 2016

     Mandados de MIMI e gran desfile neste entroido 2016:
   

    Ademais, nesta entrada  podedes ler e ver un resumo doutras actividades levadas a cabo nestas datas como A Corrida do Galo e o taller de maquillaxe a cargo de alumnas de 6º, voluntarias da Biblioteca.



23/01/16

UN BICHO RARO

     Alumnado voluntario da nosa Biblioteca representou o conto "UN BICHO RARO" de Paz Rodero e José Morán, con ilustracións de Emilio Urberruaga. 
     A historia vai de un ovo que cae e del sae un bicho moi raro que non sabe quén é. O bicho raro vaise atopando con moitos animais aos que axuda. Canso de percorrer distintos lugares, de súpeto ve que caen unha chea de ovos dos que saen animais iguais ca el. Xa non se sente raro!
(Preme na imaxe)
Fixérono de marabilla!

E canta atención prestou o público miúdo!

MOITAS GRAZAS A TOD@S!

VISITAS