Este luns, día 29 o alumnado de 6º recibíu a primeira sesión de salvamento e socorrismo no noso centro, impartida polo Club SAPO de Pontevedra.
Moitísimas grazas!
Este luns, día 29 o alumnado de 6º recibíu a primeira sesión de salvamento e socorrismo no noso centro, impartida polo Club SAPO de Pontevedra.
Moitísimas grazas!
O xoves 23 de novembro, o alumnado de 5º e 6º gozou dunha marabillosa exposición que tiña como protagonista a vida e obra de Picasso vista desde a óptica de diferentes artistas.
Complementaron a exposición cun obradoiro no que recrearon, de formas moi variadas, o que para el@s son as guerras. Fixeron as ilustracións tan realistas que ata lle puxeron son co Scratux!
Aprendimos moitísimo e pasámolo xenial! 😊
O alumnado de 6º nivel de Primaria do noso centro recibiu a pasada semana a visita dos compañeiros e compañeiras de nivel do CEIP San Andrés de Xeve dentro das actividades programadas no Programa XOGADE. Reuníronse no Pavillón polideportivo para gozar todos e todas dunha completísima xornada de convivencia deportiva.
Ata pronto!!
O ALUMNADO DE 5º E.P. DA MATERIA DE PROXECTO COMPETENCIAL, LEVA TRABALLANDO UNS MESES NUN PROXECTO MOI BONITO SOBRE OS XOGOS NON OLÍMPICOS QUE SE TITULA "OLIMPIA, NON XOGAS?".
O ALUMNADO INVESTIGOU SOBRE OS INICIOS DOS XOGOS OLÍMPICOS, DOS SÍMBOLOS DAS OLIMPIADAS, QUE DEPORTES SE CONSIDERAN OLÍMPICOS E CALES NON... E, CENTRÁNDONOS NESTES ÚLTIMOS, BUSCARON INFORMACIÓN DE CALES ERAN OS MOTIVOS QUE OS LEVABAN A ESTAR FÓRA DAS OLIMPIADAS POÑÉNDOSE EN CONTACTO, INCLUSO, POR CORREO POSTAL, CON DISTINTAS FEDERACIÓNS PARA QUE LLES CONCRETARAN MÁIS OS MOTIVOS DE NON SER CONSIDERADOS OLÍMPICOS . E...
O XOVES PASADO, JUAN MIGUEL, DA FEDERACIÓN GALEGA DE RUGBY, TIVO A XENTILEZA DE VIR AO NOSO COLE A EXPLICARNOS PORQUE O RUGBY NON SE CONSIDERABA OLÍMPICO (AGORA HAI UNHA MODALIDADE QUE SI O É). TAMÉN FALOU DESTE MARABILLOSO DEPORTE QUE REÚNE VALORES TAN IMPORTANTES COMO O CAMPAÑERISMO, O RESPECTO E A SOLIDARIEDADE, ENTRE OUTROS.
E QUE XENEROSO FOI JUAN MIGUEL CON NÓS QUE NOS TROUXO UN VIDEO DE DÚAS XOGADORAS (VANESA RIAL E PAULA MEDÍN) DA SELECCIÓN ESPAÑOLA DE RUGBY 7 QUE, ADEMAIS, SON GALEGAS E COMPETIRON NOS XOGOS OLÍMPICOS DE RÍO DE JANEIRO NO 2016.
MOITÍSIMAS GRAZAS!!!
AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHAS FOTOS DA SESIÓN.
As alumnas e alumnos de 6º de Primaria desenvolvemos dous obradoiros prácticos sobre compostaxe, no marco do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra.
O primeiro, Microcompostaxe na aula, tivo lugar o pasado mes de marzo. Marcelo, mestre composteiro, achegouse ata as aulas de 6º A e 6º B para explicar cales son as cousas máis importantes sobre a compostaxe: que alimentos son os máis axeitados, como funciona un composteiro, que bechos contribúen á descomposición...
Logo, puxémonos mans á obra e construímos pequenos composteiros caseiros con materiais de refugallo. Xenial! Así, reciclamos dúas veces!
Estes composteiros quedaron nas nosas aulas para o seguimento do proceso nas seguintes semanas, segundo as indicacións do mestre composteiro.
O 25 de abril, Marcelo volveu visitarnos para impartir o segundo obradoiro titulado Quen vive aí?, que consistiu na identificación de invertebrados presentes no composteiro e a súa función no proceso da compostaxe. Buscámolos con moito coidado, observámolos con atención con lentes de aumento e vimos ata unha miñoca preñada! Que pasada!
A verdade é que aprendemos un montón!!!
Moitísimas grazas!!!
O pasado mércores, 8 de febreiro, o alumnado de 5º e 6º curso de Primaria visitou os museos científicos da Coruña: o Acuario, o Domus, a Casa das Ciencias e o Planetario.
As mozas e mozos puideron ver, tocar, observar, escoitar, experimentar... a pracer.
Foi unha xornada de convivencia e aprendizaxe inesquecible.
Pasárono pipa!!!
O pasado luns, 14 de febreiro, o alumnado de 6º curso visitou na Coruña a Casa das Ciencias, o Planetario, o Domus e o Acuario.
As mozas e mozos puideron ver, tocar, observar, escoitar, experimentar... a pracer.
Foi unha xornada de convivencia e aprendizaxe inesquecible.
Pasárono xenial!!!