Amosando publicacións coa etiqueta CURSO 2015-16. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CURSO 2015-16. Amosar todas as publicacións

22/05/16

APADRIÑAMENTO LECTOR

     Énchenos de emoción experimentar a hora de ler tendo nas nosas mans un bo libro e á nosa beira un cativo ou cativa á espera de vivir unha apaixonante aventura.

     Un auténtico agasallo!




11/05/16

RESOLTO O CONCURSO DE CONTOS "CÓNTAME UN CONTO VECIÑO"

Temos xa a resolución do concurso de contos que, como ven sendo tradicional, convocan os concellos de Barro e Portas e que leva por título "Cóntame un conto veciño".

A alumna de 6º curso Elia Puddu Sanmartín recibirá unha mención especial na súa categoría. O título do seu conto "Cámbiome de escola".

Para acceder á información sobre a entrega de premios e demais gañadores, podes premer no seguinte enlace e visitar o blog da biblioteca:

22/09/15

TEATRO NA BIBLIOTECA PÚBLICA

     Interesante programación de teatro este fin de semana na Biblioteca Pública do Concello.

     (Preme na imaxe e accederás a máis información publicada no blogue da nosa Biblioteca)



16/09/15

INAUGURACIÓN OFICIAL DO CURSO

     Inauguración oficial do curso 2015-16 a cargo do alcalde, o Sr. Abraldes, e o artista Inacio Vilariño, convidado polo Concello.

MOITAS GRAZAS ! ! ! 

                           (Preme na imaxe e accederás a máis información)


VISITAS