Amosando publicacións coa etiqueta CEIDA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CEIDA. Amosar todas as publicacións

29/04/23

OBRADOIROS REVITALIZA

As alumnas e alumnos de 6º de Primaria desenvolvemos dous obradoiros prácticos sobre compostaxe, no marco do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra.

O primeiro, Microcompostaxe na aula, tivo lugar o pasado mes de marzo. Marcelo, mestre composteiro, achegouse ata as aulas de 6º A e 6º B para explicar cales son as cousas máis importantes sobre a compostaxe: que alimentos son os máis axeitados, como funciona un composteiro, que bechos contribúen á descomposición... 

Logo, puxémonos mans á obra e construímos pequenos composteiros caseiros con materiais de refugallo. Xenial! Así, reciclamos dúas veces!

Estes composteiros quedaron nas nosas aulas para o seguimento do proceso nas seguintes semanas, segundo as indicacións do mestre composteiro. 

O 25 de abril, Marcelo volveu visitarnos para impartir o segundo obradoiro titulado Quen vive aí?, que consistiu na identificación de invertebrados presentes no composteiro e a súa función no proceso da compostaxe. Buscámolos con moito coidado, observámolos con atención con lentes de aumento e vimos ata unha miñoca preñada! Que pasada!

A verdade é que aprendemos un montón!!!

Moitísimas grazas!!!


18/01/18

CEIDA: ENSINÁNDONOS A FACER COMPOST

   Hoxe, 18 de xaneiro, Luz Gómez (enxeñeira forestal), de Horta Agrelo en Bueu, en colaboración co CEIDA e a Deputación Provincial de Pontevedra, dentro do programa "Revitaliza" de compostaxe, veu darnos un interesante obradoiro.

 Achegámonos ao patio do cole onde Luz tiña alí preparado un composteiro para montar e os ingredientes para facer compost, que anotamos no noso caderno para non perder a receita:

                                                RECEITA PARA FACER                                                                                    COMPOST:


-1ª capa de restos leñosos grosos.
-2ª capa de restos verdes (herbas, hortalizas,...) e orgánicos (sobras da comida).
-3ª capa de estruturante (ramiñas, cortizas,...).

 
Fíxonos a comparación de que facer compost é como facer a masa dun pastel: fai falta auga e remexer semanalmente os ingredientes para que chegue á temperatura de 40 graos centígrados aproximadamente.
  
   Se non se fai ben o proceso, poden xurdir problemas como: dá mal cheiro e énchese de mosquitos, porque precisa máis estruturante; que está moi seco, pois botamos auga na mestura e remexemos; que ten moita auga, fai frío de máis e non van os bichos amasar, polo que non fermenta, pois engadimos unha capa extra de estruturante.
   A masa ten que estar no seu punto: nin moi húmida, nin moi seca. Así obteremos o noso propio compost para a vindeira plantación.

COMPOST
   E así é o compost, o mellor abono e o máis natural, para que a nosa horta sexa saudable e de primeira calidade.                      
   Animádevos a compostar nas vosas casas!!


                                                   Alumnado de 5º e 6º


14/06/17

FOLLETO INFORMATIVO SOBRE A COMPOSTAXE

     Este é o folleto que nós, @s alumn@s de 6º, elaboramos dentro do proxecto BARRRO.COM co obxectivo de informar á comunidade educativa sobre cuestións básicas relacionadas coa compostaxe, que é un tema polo que aposta o noso Concello, implicado dende hai meses na compostaxe comunitaria co Plan Revitaliza da Deputación Provincial de Pontevedra, e polo que nós tamén apostamos.

MOITÍSIMAS GRAZAS A TODAS AS ENTIDADES COLABORADORAS !


07/05/17

APÚNTATE Á COMPOSTAXE CON REVITALIZA

     "APÚNTATE Á COMPOSTAXE CON REVITALIZA" é o título dos cartaces da Deputación de Pontevedra e o CEIDA que estiveron na nosa Biblioteca, dos que tomaron boa nota o alumnado de 5º para, logo, compartir os seus coñecementos co alumnado de 4 e 5 anos.

     Premendo no enlace seguinte, accederedes ao blog da Biblioteca onde podedes ver un vídeo resumo da exposición:



CANTA ATENCIÓN PRESTARON @S PEQUEN@S ! ! !

QUE BEN O FIXERON @S MAIORES ! ! !


26/04/17

OBRADOIRO `QUEN VIVE AÍ?´

   Integrado no noso proxecto BARRRO.COM, @s chic@s de 6º desenvolvimos onte o obradoiro `Quen vive aí?´ impartido por María, mestra do equipo didáctico do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia), dentro do Plan Revitaliza da Deputación Provincial de Pontevedra.
      O obxectivo principal consistía en identificar os diferentes invertebrados que hai no composteiro (anélidos, insectos, arácnidos . . . ) así como coñecer a súa imprescindible labor na elaboración do compost. 


    Para iso, María viña ben provista con todos os materiais que precisabamos (mostras diferentes de compost, coladores, lupas de diferentes aumentos, microscopios, pinzas, pinceis, botes, bandexas, fichas de observación e identificación dos invertebrados do compost . . .).


     A actividade atrapou completamente a nosa atención. Canta vida hai no compost ! Cochinillas, bichos bola, arañas, cadelas de frade, formigas, colémbolos, milpés, miñocas, pseudoescorpións . . .

Un obradoiro súper, súper interesante !


MOITÍSIMAS GRAZAS, MARÍA ! ! !

     No blog da Biblioteca podedes ver un vídeo resumo de todas as actividades didácticas do CEIDA desenvolvidas no colexio ao longo desta semana:



VISITAS