Amosando publicacións coa etiqueta IES DE BARRO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta IES DE BARRO. Amosar todas as publicacións

19/06/18

VISITAMOS O INSTITUTO

   Hoxe, as mozas e mozos de 6º fomos visitar o noso futuro centro: o IES, onde nos estaban esperando os compañeiros e compañeiras de 1º da ESO, que xa estudaron antes no noso colexio. 


   Eles saben ben como é o cambio á Secundaria e guiáronnos moi ben polas instalacións do instituto. Vimos aulas de música, matemáticas, informática, laboratorio, ... así como o patio e pavillón, entre outros espazos.


    Participamos un anaco nun xogo que facían na aula-materia de matemáticas e quedamos uns minutos compartindo o recreo coas futuras compañeiras e compañeiros.

  



     Foi toda unha experiencia!! Vémonos en setembro para unha nova etapa da nosa vida!!

Alumnado de 6º de Primaria. 

02/06/17

CONTACONTOS DO IES DE BARRO

     Alumn@s de 2º e 3º da ESO do IES de Barro, acompañad@s pola profesora María García e o profesor Miro Tourís, estiveron na nosa Biblioteca para contar uns contos de Carlos Casares e Castelao.

     Máis información no blog de MIMI da nosa Biblioteca:



ENCANTÁRONNOS ! ! !

MOITÍSIMAS GRAZAS ! ! !

23/05/17

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS NO IES DE BARRO

     O día 17 de maio é o Día das Letras Galegas, adicado este ano a Carlos Casares.
     No IES de Barro celebrouse o venres 19 e, ademais do alumnado do instituto, asistimos nós, @s alumn@s de 6º de Primaria.
     O festival arrancou cunha lectura de "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas" seguida dunha representación de monicreques, lecturas de microtextos, proxeccións audiovisuais e entrega de agasallos. Paralelamente, un grupo de alumn@s ía debuxando caricaturas do autor homenaxeado. Ao final, o grupo "A Gallofa do IES e CEIP Amor Ruibal de Barro", integrado por chic@s do instituto máis nós, interpretamos a cantiga "Reciclar é xenial", creada en estreita colaboración.


     Unha experiencia sensacional ! 


10/05/17

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO TERRAS DO UMIA

     En Barro estamos de NORABOA!

    O pasado venres, 5 de maio, alumnado do CEIP Amor Ruibal e do IES de Barro acudiu á Azucreira de Portas para participar na Festa da Lingua 2017 organizada por Terras do Umia (Coordinadora Comarcal de Dinamización da Lingua Galega dos Concellos de Barro, Caldas de Reis, Cuntis, Moraña e Portas). Alí recibiron premios nas súas respectivas categorías:
  • IRIA GARCÍA PAZ (categoría B1): Gañadora no apartado de Micropoemas.


  • LOAIRA SANTAMARÍA FERNÁNDEZ (categoría C2): Gañadora no apartado de Microrrelatos.

  • Grupo Musical "A GALLOFA DO IES E CEIP DE BARRO": Gañador no apartado de SONDOUMIA.

BRAVÍSIMO ! ! ! 

PARABÉNS A TOD@S ! ! ! 

     Máis información no blog da nosa Biblioteca:



SIGAMOS CREANDO ! ! !     SIGAMOS AVANZANDO ! ! !


VISITAS