No Día de Europa compartimos hoxe unhas imaxes produto do fantástico proxecto de investigación desenvolvido polo alumnado de 6º de Primaria sobre a historia da Unión Europea e os 27 países que forman parte dela.
UNIDOS NA DIVERSIDADE !
No Día de Europa compartimos hoxe unhas imaxes produto do fantástico proxecto de investigación desenvolvido polo alumnado de 6º de Primaria sobre a historia da Unión Europea e os 27 países que forman parte dela.
UNIDOS NA DIVERSIDADE !
Dentro do proxecto "As familias contan", nas titorías de 6º curso solicitamos a colaboración das familias e do alumnado para decorar o corredor das nosas aulas neste tempo de Nadal.
Propuxémoslles que construísen diversas casas ou outros obxectos decorativos típicos dunha vila nestas datas navideñas.
A única condición que debían cumprir era que estivesen realizados con cartóns de leite baleiros.
A resposta e participación das familias e alumnado foi masiva. Sirvan estas fotos para mostrarvos as magníficas aportacións que recibimos.
Moitísimas grazas, alumnado e familias de 6º curso,
pola vosa creatividade e colaboración!!!
Bo Nadal e Felices Festas!!!
Este curso eliximos como libro de lectura "A volta ao mundo en 80 días" de Julio Verne e, traballando sobre el, realizamos un bonito Proxecto de lectura.
O libro permitiunos investigar algúns continentes e países polos que pasou Phileas Fogg, o protagonista. Ademais, creamos un pasaporte de viaxe no que iamos pegando os selos que certificaban o "paso" por cada país e no que debuxamos diferentes medios de transporte utilizados na viaxe.
Tamén nos gustou moito facer o maletín de viaxe cos correspondente selos. Quedáronnos moi bonitos!
Para rematalo, quixemos fotografarnos co protagonista e cos nosos maletíns de viaxe.
A verdade que este libro gustounos moito!