Amosando publicacións coa etiqueta ENGLISH. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ENGLISH. Amosar todas as publicacións

03/02/26

SAÍDA AO TEATRO: "UNBOXING ALICE"

Hoxe, martes 3 de febreiro, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria acudiu ao auditorio de A Fundación para ver a obra de "Unboxing Alice". A obra narrada integramente en inglés busca "renovar" a historia de "Alicia no país das marabillas", engadindo elementos tan actuais como os Youtubers ou os videoxogos.

Aprendemos un montón de cousas e pasámolo en grande!  🐰🎭









08/02/18

TEATRO E ROTEIRO POR PONTEVEDRA

O mércores 31 de xaneiro, as alumnas e os alumnos de 5º e 6º de Primaria achegámonos ata Pontevedra para asistir a unha divertida comedia musical en inglés titulada ´Zapping´ de Blue Mango Theatre.



A obra gustounos moito. Fíxonos pensar sobre as consecuencias das decisións que tomamos na vida e de que, se erramos, temos que aprender dos erros xa que non somos Eli, a protagonista, que tiña o poder de rebobinar o tempo.

Como nas clases estivemos traballando o libro Excursión pola zona vella de Pontevedra cos Bolechas, persoaxes creados por Pepe Carreiro, decidimos aproveitar a saída para facer un roteiro por algunhas das prazas máis emblemáticas da cidade.

O autobús deixounos nas inmediacións da praza de abastos, situada na beira do río Lérez.

Dirixímonos logo ata a Praza da Pedreira, así chamada polas actividades de cantería que se desenvolvían neste lugar, onde destaca o Pazo de Mugartegui.

Moi preto está a Praza de Méndez Núñez, co impoñente caserón onde viviu e morreu o almirante que lle dá nome.  Posteriormente, nese edificio organizaríanse encontros de escritores nos que participaban, entre outros, o vilanovense Valle-Inclán, con quen fixemos unha foto.


Despois, paseamos pola Praza de Curros Enríquez. Debe o seu nome ao grandísimo poeta ourensán do Rexurdimento. Alí atopamos unha escultura dun importante político galego: Alexandre Bóveda.

Chamounos, tamén, a atención unha fonte de ferro fundido construída no século XIX.

A pouca distancia está a céntrica Praza de España, presidida polo Pazo Municipal.


Camiñando pola rúa Michelena chegamos á Praza da Peregrina, onde destaca a igrexa da Peregrina, de singular planta en forma de cuncha de vieira. 

Fronte dela está a escultura do famoso loro Ravachol, símbolo do entroido de Pontevedra.

A continuación, baixamos ata a Praza da Ferraría, da que se fala nunha cantiga popular: 

"Pontevedra é boa vila / dá de beber a quen pasa. / A fonte da Ferraría, / e San Bartolomeu na praza."

Nunha das súas marxes está a Praza da Estrela, onde miramos o antigo pazo dos Barbeito, máis coñecido como Casa das Caras polas figuras que adornan o edificio.


Na Praza da Ferrería repousamos un pouquiño e merendamos moi, pero que moi ben.


Con enerxías renovadas, encamiñamos os nosos pasos ata a sede de Afundación para gozar coa obra teatral´Zapping´ de Blue Mango Theatre, unha divertidísima comedia en inglés sobre as consecuencias derivadas das eleccións que facemos na vida.


Pasámolo xenial !



03/02/17

SAÍDA TEATRO "FREAKY"

     O día 25 de xaneiro as chicas e os chicos de 5º e 6º fixemos unha saída a Pontevedra: A un obradoiro no Café Moderno e a unha obra de teatro na Sede Afundación titulada Freaky, da compañía Blue Mango Theatre, e que era en inglés.

     O obradoiro foi moi divertido. Alí recibíronnos Águeda e Patricia, coas que participamos en varias actividades repartid@s en dous grupos: 5º con Águeda e 6º con Patricia. Na que chaman a sala "Noble" fixemos unhas esculturas en bloques de esponxa, deses que empregamos para facer centros de flores; saíron emoticonos, unha balea, un peixe . . . Todas as esculturas quedaron moi ben !

     Noutra actividade aprendemos sobre a obra escultórica de Francisco Leiro, que é de Cambados, onde traballa, inda que tamén ten un estudio en Madrid e outro en Nova York. Seu pai era canteiro e seu avó, ebanista, de onde lle ven a súa paixón pola arte. Tamén lle gustan as historias da nosa terra galega.

     Despois entregáronnos unha ficha para cubrir e buscar a escultura que estaba na foto, falamos dela e buscamos diferenzas e parecidos con outras que non eran de Leiro. As esculturas eran moi grandes: unha dun Fauno, outra, de tres persoas e outra, dunhas mulleres recollendo chapapote, que fai referencia á catástrofe do Prestige (2002).

     Ao saír do Café Moderno, fomos merendar á Praza dos Músicos, e de alí a ver a obra de teatro en inglés, titulada Freaky, que trataba de dúas nenas e un neno que foran a un campamento de verán. Alí facían moitas actividades. Unha das nenas críase mellor ca os outros e chamáballe freaky ao neno, burlábase del . . . Pero nun concurso de baile, el resultou ser o gañador porque era o que mellor bailaba. Ao final, fixeron as paces e foron amig@s.

     Ao rematar a función, collemos o autobús para regresar ao cole. 

     Foi un gran día !



14/03/16

DÍA DE PI

¡FELIZ DÍA DE PI!
Este ano, ademais, coincide co redondeo do número: 3,1416, que é o que habitualmente se utiliza nos cálculos matemáticos aínda que sabemos que PI é un número con infinitos decimais.
O músico David McDonald compuxo unha peza para piano onde a melodía representa as 122 primeiras cifras decimais e así puido memorizalas.
Impresionante!




10/03/16

SONIDO E XEOMETRÍA

     Curiosas formas xeométricas se forman nunha placa flexible (placa de Chladni) chea de cuscús cando fretamos nun borde cun arco musical. O efecto físico fai que os cuscús se xunten onde hai menos vibracións. Así, o debuxo reflexa a forma das ondas sonoras.

     QUE BELLEZA ! !





31/01/15

SPINDERELLA

    El pasado 20 de enero l@s alumn@s de 5º y 6º nos levantamos un poco nerviosos porque íbamos a ir a Pontevedra a ver la obra "SPINDERELLA" de la compañía Blue Mango Theatre.
     El viaje en autobús se nos hizo corto charlando, riendo y cantando.
    Al llegar al Auditorio de Afundación, nos encontramos con much@s niñ@s de otros colegios; algun@s l@s conocíamos.


   "SPINDERELLA" es una versión musical moderna de "Cinderella" (La Cenicienta). Intervienen cuatro personajes: Cindy, Becky, un DJ y un "hado" padrino.
    Cindy es una chica de diecisiete años. Vive con su hermana mayor Becky, que es muy dominante pues obliga a Cindy a hacer todas las tareas de casa. Pero Cindy tiene un sueño: ser una famosa pop star.
    Becky, aunque canta fatal, decide ir a un show musical de televisión. A Cindy le gustaría ir pero no puede porque tiene que quedarse en casa trabajando. Cuando Becky se marcha, el "hado" padrino de Cindy mueve las agujas del reloj para que la chica pueda acabar pronto sus tareas e ir al show. Para que Becky no la reconozca, Cindy se disfraza con una peluca azul, un vestido azul, leggins y unos zapatos brillantes.
    Las dos hermanas compiten y Cindy gana. Para no ser descubierta, vuelve rápidamente a casa y se cambia de ropa.
     Al día siguiente, el DJ va a casa de las hermanas en busca de la ganadora. Becky ordena a Cindy que se esconda pero, al final, el DJ la descubre y terminan cantando todos juntos una bonita canción.
     La obra nos gustó mucho porque fue muy animada, los actores y actrices actuaban muy bien y tanto el vestuario como los decorados eran muy bonitos.
     ¡Es una manera muy divertida de aprender inglés!
     

29/05/13

MATEMÁTICAS, IDIOMAS, XEOGRAFÍA E CIENCIA

Actividades interactivas de MATEMÁTICAS (números enteros, fraccións, conceptos, xeometría), IDIOMAS (español, english, français, alemán...), XEOGRAFÍA (Europa, América, Asia, África) e CIENCIA (célula, anatomía, elementos químicos...):


VISITAS