Amosando publicacións coa etiqueta TAPÓNS SOLIDARIOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta TAPÓNS SOLIDARIOS. Amosar todas as publicacións

01/02/17

TAPÓNS SOLIDARIOS PARA NAHIR


    Iniciando o segundo trimestre arrancamos, os nenos e nenas de 5º, presentando ós/ás compañeiros/as do centro a nosa campaña solidaria de recollida de tapóns para axudar a Nahir, unha nena de Pontevedra, de 5 anos, que padece unha parálise cerebral.
    O noso centro é un dos puntos de recollida de tapóns do concello de Barro, e para afrontar tal tarefa comezamos cos preparativos xa no primeiro trimestre: elaboración do logo e slogan da campaña, elaboración de folletos informativos, cartel da campaña . . .
    O martes 24 de xaneiro comezamos a exposición ao alumnado de primaria da presentación desta aventura, que levamos a cabo coa colaboración da Fundación Amigos de Galicia e a Asociación Amigos da Terra, que nos proporcionan información sobre o tema e median na recollida dos tapóns.
  As exposicións foron  acollidas con entusiasmo entre os/as compañeiros/as dos distintos niveis e suscitaron moitas preguntas sobre a recollida e os tipos de plásticos válidos.
     Esperamos que colaboredes con moitos tapóns para axudar a Nahir a pagar o seu tratamento médico e rehabilitación, xa que é moi custoso de asumir para a súa familia. 

    A campaña está tendo unha resposta cidadá impresionante como podedes ler na nova que saíu publicada o pasado sábado, 28 de xaneiro, no Diario de Pontevedra:



    Deixamos unha fotos da presentación, que foi na Biblioteca do cole, ao longo de tres sesións con diferentes niveis.


     Se premedes no seguinte enlace podedes acceder ao folleto que repartimos a todo o alumnado do colexio para ter ben informadas ás familias sobre o proxecto:


MOITÍSIMAS GRAZAS polo voso interese e, sobre todo, pola vosa colaboración ! ! !

28/11/16

TAPÓNS SOLIDARIOS

     O alumnado de 5º, coordinado pola súa titora, está colaborando activamente no proxecto "Tapóns Solidarios para Nahir", impulsado pola Fundación Amigos de Galicia. 
     Contan coa inestimable axuda de Alberto Méndez, o noso prezado conserxe.

Máis información no blog da nosa Biblioteca:



15/11/16

TAPÓNS SOLIDARIOS PARA NAHIR

    O noso colexio colabora dende hai anos coa Fundación Amigos de Galicia. Este curso somos un dos puntos de recollida de tapóns solidarios para Nahir, unha nena de 5 anos de Pontevedra que padece dificultades de mobilidade e linguaxe. Para costear o seu tratamento precísanse un total de 17.028.900 tapóns.
     A resposta das familias está sendo espectacular: Día tras día, achegan bolsas repletas de tapóns, que xestionamos nós, @s chic@s de 5º A, colaboradores activos na campaña.
     Moitísimas grazas polas vosas aportacións.
SIGAMOS COLABORANDO: "O TEU TAPÓN, O SEU SORRISO".

25/09/14

TAPÓNS PARA ÁLEX

    Un curso máis, o noso centro colaborará na campaña solidaria de recollida de tapóns de plástico que organiza a Fundación Amigos de Galicia. Con tal motivo, Mª Jesús Longa estivo con nós para explicarnos o proceso da reciclaxe dos tapóns e, sobre todo, para falarnos d@s nen@s que precisan da nosa axuda.




     Nesta ocasión solidarizámonos con Álex, un neno de 7 anos de Vigo que precisa dun tratamento en Madrid. 
    Se picas no cartaz terás acceso á súa historia, tal e como está recollida na web da Fundación:


     De seguro que este ano batemos o récord de recollida de tapóns !!! 

VISITAS