Amosando publicacións coa etiqueta ORALIDADE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ORALIDADE. Amosar todas as publicacións

13/10/22

EU EN GALEGO, A MIÑA LINGUA GUAPA

O alumnado de 6º de Primaria colaborou o curso pasado no proxecto #LinguaGuapa da Real Academia Galega coa gravación duns minivídeos de situacións cotiás nas que as mozas e mozos utilizan e animan a utilizar a lingua galega. Un destes vídeos podémolo ver xa no espazo #PrimaveraDasLetras.

Moitísimos Parabéns!!!


17/02/20

CREAMOS UN MENÚ SAUDABLE!

Rematamos o proxecto sobre a alimentación coa creación dun gran menú saudable entre 5º e 6º curso.


Para elaboralo, reunímonos na Biblioteca e puxemos en común as nosas "comidas" saudables, baseándonos nas compras que realizamos na saída a Eroski. 


    

 Ao final, fixemos unha foto coa nosa gran pirámide dos alimentos.



21/12/19

O MELLOR AGASALLO DA MIÑA VIDA

Con motivo do Nadal, na aula de 5º de Primaria reflexionamos acerca do mellor agasallo que recibimos na nosa vida. Tras ler as nosas producións moi emocionados e emocionadas, concluímos que os mellores agasallos non son as cousas materiais e, de selo, é porque alguén especial (os nosos avós ou avoas, as nosas nais ou pais, mesmo veciños e veciñas da nosa parroquia) nolos fixeron.




Grazas a todas e todos por compartir algo tan especial!


BO NADAL!

VISITAS