22/11/13

CANTATA VERNÁCULA: O ROUBADOR

     Unha achega musical simpática e orixinal a cargo do dúo CANTATA VERNÁCULA integrado por SUSO VAAMONDE e XOÁN PORTO. 
     Nós xa tivemos o privilexio de ver en vivo e en directo a Suso pois estivo no colexio en dúas ocasións para agasallarnos cunhas fermosas pezas de música tradicional ao mesmo tempo que ofreceu amenas explicacións de todos os instrumentos que trouxo (o frautín ou pínfano, a frauta, as tarrañolas, a trompa, a zanfona, a pandeireta, o acordeón, a familia de ocarinas, o asubío, o tamboril e a gaita). Incluso puidemos escoitar unha frauta feita cun tubo de plástico! E que ben soaba!! E vos acordades da castañeta feita cun anaco de cana? Doada de facer e de tocar, a que si?
     MOITAS GRAZAS pola boa música ! ! !  

      

1 comentario:

VISITAS