20/06/16

BAROSA LÍQUIDA

     Hoxe, o alumnado de 6º percorremos a pé o tramo do Camiño de Santiago que vai dende o colexio ata a Barosa. Alí esperábannos Sheila e Ana con todos os materiais preparados. Para que? preguntaredes. Pois para facer as nosas intervencións artísticas para a 5ª edición do festival BAROSA LÍQUIDA que vai acontecer (na Barosa, claro) do 1 ao 3 de xullo.
    Como é mellor que as vexades alí, en vivo e en directo, non vos adiantamos nada; tan só podemos dicir que quedaron chulísimas.


     Antes de poñermos mans á obra, loxicamente merendamos e, para ambientarmos ben, fixemos un xogo de pistas por grupos.

         PASÁMOLO DE MARABILLA ! ! !



Ningún comentario:

Publicar un comentario

VISITAS