13/06/16

VISITA AO MUSEO DE PONTEVEDRA

     "Seguindo as pegadas dos nosos antepasados" é o título da visita didáctica que levamos a cabo o pasado xoves 9 de xuño.
     Distribuídos en dous grupos (5º guiado por Raquel e 6º, por Paula) percorremos as salas da Prehistoria (Idade de Pedra -Paleolítico, Neolítico- e Idade dos Metais), da cultura castrexa (Idade de Ferro) e da romanización.
     Vídeos, explicacións e observación dos distintos e variados obxectos expostos guiaron os nosos pasos. Cunhas fichas na man, iamos contestando ás cuestións plantexadas con moita atención e curiosidade.
     

     Sen dúbida, unha visita de moito proveito e moi aconsellable para todo o público en xeral. Ademais, é gratuíta.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

VISITAS