Con motivo do noso proxecto, viñeron ao cole unha representación das grandes persoas que viven nas seis parroquias de Barro. Faláronnos sobre as marabillas dos seus lugares de procedencia e sobre as súas voacións: a linguaxe universal da música e o doce son da frauta, a gran labor das docentes e dos docentes, a importancia de coidar os bosques e os animais, como se imaxinan e crean as esculturas e, mesmamente, sobre as non tan coñecidas variedades de uvas de Barro!
Ademais de todo isto, as mozas e mozos de 5º gardaremos sempre no noso corazón a grande ensinanza que nos destes:
o importante na vida é dedicarnos ao que nos gusta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario