O alumnado de 5º e 6º de Primaria divertiuse con distintas actividades para festexar a chegada do Nadal.
Por un lado, traballamos a escritura creativa inventando unha historia da razón pola que Papá Noel non leva o traxe habitual.
Logo, fixemos o tradicional amigo invisible, coa condición de que non gastaran nada senón que puxeran en marcha a súa imaxinación, empregando materiais que tiveran pola casa.
Por último, fixeron a manualidade das árbores e regalos dos recordos e desexos.
Esperamos que todos os vosos desexos se cumpran!
Boas festas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario