O venres 23 de maio o alumnado de 5º e 6º realizou unha saída didáctica á Illa de Ons para gozar dun día de convivencia e aprendizaxe neste singular paraíso que da Ría da Pontevedra.
Despois de coller o bus, o primeiro que tiveron que facer foi esperar pacientemente ao barco que os levaría de paseo pola ría.
Unha vez que chegaron á illa, repuxeron forzas e as estupendas guías fixéronlles unha rota na que explicaron datos moi interesantes. Sabiades que os habitantes de Ons non teñen luz todo o día pero si un gran faro que alumea toda a ría? Coñeciades as especies da flora e da fauna propias da illa? Pois eles/as son uns auténticos expertos e expertas!
Despois de comer, estiveron xogando na praia. A pesar das queixas de que estaba algo fresquiña a auga, case todas e todos acabaron metidos nela!
O paseo de volta tamén foi espectacular e ata a tripulación do barco puxo música. En resumo,
🏝🛥 pasámolo xenial! 🌞🏖
Ningún comentario:
Publicar un comentario